O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, informou este xoves das novidades relativas ao proxecto para rehabilitar os edificios centrais do Museo, o Castro Monteagudo e o García Flórez, cuxa reforma se estima que podería iniciarse a finais do próximo ano 2025.
"Es la primera vez que tenemos un cronograma serio y objetivo de cómo va a ser el Museo y cuándo van a ser las obras", asegurou Rafa Domínguez. "Durante estos meses no se ha parado de trabajar", engadiu.
O proxecto arquitectónico contempla que "estos edificios tienen que tener el protagonismo fundamental y ser parte del museo".
Un dos elementos máis rechamantes do proxecto é que volverá a cor branca ás fachadas, que recuperarán o antigo encalado exterior. Desta maneira, quedará a pedra vista só nos dinteles e elementos decorativos, atendendo a unha suxestión feita por Patrimonio e que xa fora adiantada no seu día polo anterior vicepresidente da Deputación, César Mosquera.
Mantense unha conexión subterránea "imprescindible" entre os dous históricos inmobles aínda que o espazo soterrado limítase a algo máis de 500 metros cadrados "se ha reducido a la mínima expresión" e espérase que a obra "provoque el menor perjuicio posible en los vecinos".
A entrada e a saída do edificio faranse polo mesmo sitio, co que se deseñou un percorrido circular para as visitas. Ademais, recuperarase a recreación do camarote de Méndez Núñez e incluirase unha tenda de venda de obxectos relacionados coas obras arte expostas no Museo, entre outras cousas.
Tamén se integrarán os xardíns do edificio García Flórez para que estean máis conectados á trama urbana, co cal se favorece o seu uso.
"En este momento nosotros manejamos un presupuesto de en torno a 12 millones de euros, pero puede cambiar", dixo Domínguez. Lembremos que inicialmente se contemplaba un investimento de oito millóns, dos que tres millóns serían financiados polas axudas europeas do PIREP, subvención máxima á que se podía aspirar.
Respecto ao risco de perder eses fondos europeos por incumprir o prazo que expira en marzo de 2026, o vicepresidente da Deputación asegurou que "cuando se solicitaron se presentó un cronograma que sabían que era absolutamente imposible cumplir", e agora a Deputación está "negociando cómo va y qué va a pasar con esos fondos europeos".
"Estamos en contacto continuo y eso va a depender un poco de la sensibilidad que tengan, no solo en este proyecto sino en otros, para ver el avance que hemos tenido y la complejidad de un proyecto de estas características", manifestou.
Na primeira semana de xullo está fixada unha reunión entre a Deputación e a Xunta na que a rehabilitación destes dous edificios "podría estar encima de la mesa, pero no me compete a mí decir lo que va a hacer la Xunta de Galicia", indicou o vicepresidente.
Rafa Domínguez concluíu que "estamos avanzando, estamos empezando ya y vamos a trabajar ya como siempre estamos haciendo de forma leal", co Concello de Pontevedra ao que trasladarán toda a documentación.
Nesta rolda de prensa tamén participou o arquitecto encargado do proxecto, Javier Reboreda, que detallou o proceso desenvolvido ata o momento, que inclúe desde a planimetría do edificio, ata a xeometría, estudos xeotécnicos e a análise da propia historia dos edificios Castro Monteagudo e García Flórez.
As visitas para ver as obras expostas nos edificios históricos do Museo entrarán polo Castro Monteagudo, onde se situará a antesala e zona de ingreso, o control de seguridade e a tenda do Museo de Pontevedra. Desde este edificio e a través do subsolo (onde se situarán a nova montaxe da cámara da fragata Numancia, dúas salas anexas visitables e os aseos) accederase ao García Flórez. Unha vez visitado este último edificio poderase saír do Museo desfacendo o camiño andado para dirixirse ao Castro Monteagudo e visitar a última sala, onde está previsto expoñer a propia historia dos edificios do Museo, ou ben baixar desde a parte alta do García Flórez á pasarela que conecta ambos os edificios e, a partir de aí, saír polo xardín cara ao punto de inicio da visita.
No proxecto se aposta por non afectar os edificios introducindo elementos alleos (estes trasladaranse ao subsolo). Eliminaranse alteracións de compartimentaciones e circulación existentes, así como as reixas da parte baixa dos edificios que están a producir deterioración na pedra.