Este verán vive a túa Alma Atlántica

Pontevedra
08 de xullo 2022

O Atlántico sáenos da alma! É por iso que os espumosos de Alma Atlántica propoñen volver vivir un verán como os de antes, con todas as letras!. Esta é a idea coa que a firma cambadesa Adegas Martín Códax presenta a súa nova campaña

Os espumosos de Alma Atlántica propoñen volver vivir un verán como os de antes
Os espumosos de Alma Atlántica propoñen volver vivir un verán como os de antes /

O Atlántico sáenos da alma! É por iso que os espumosos de Alma Atlántica propoñen volver vivir un verán como os de antes, con todas as letras!.

Esta é a invitación da nova campaña de Bodegas Martín Códax. O novo anuncio de Alma Atlántica, creado pola axencia de publicidade coruñesa BAP&Conde, convida a vivir un verán que te envolva como o mar. Un verán que nos leve, que nos traia como o bambeo das ondas. Que nos conecte novamente cos nosos, que nos faga rir coma nunca. Un verán cheo de festivais, concertos, música.

OCÉANO DE SABORES E EXPERIENCIAS

Alma Atlántica preséntase cunha campaña na que o Atlántico segue sendo o detonante de toda esa explosión de vida, dun océano de sabores, cores, sentimentos e experiencias. Un tempo onde nunca sobran celebracións e xamais faltan amigos.

"Para que vivas un verán con Alma Atlántica, para vivir a túa alma desde un punto máis atlántico!", animan desde a firma cambadesa.

Bodegas Martín Códax sinala que "con esta peza, seguimos facendo protagonista ao produto e deixando claro o noso ADN atlántico, que é a nosa esencia e a nosa razón de ser. Alma é sempre o detonante de toda esa éxtase oceánica e desa diversión desmedida".

A intensidade do que é o verán con Alma Atlántica recréase nunha película a ritmo das artistas galegas Guadi Galego e Paula Grande. Co seu alegre tema "O que ha chegar" axuda a reflectir esas ganas de vivir un verán con alma:

        "Vai o soño que achará
        Cada noite de verán
        Que se repita sen parar
        Vai o soño que achará
        Cada noite de verán
        Que se repita sen parar"

ESPUMA DO ATLÁNTICO

"Descubrir a grandeza do Atlántico a groliños. Gozar o verán é vivir as Rías Baixas de maneira diferente. Romper as regras! Como rompe o Atlántico en cada onda. Sentir todo o sabor do albariño e a mencía. Explorar Galicia en cada pinga". Esta é a invitación de Alma Atlántica.

O tardeo ten un sabor atlántico e está cheo de burbullas para vivir con toda a alma, un instante que non volverá xamais. Cada minuto é irrepetible e un acontecemento extraordinario. Nesa medida de tempo é onde os espumosos avanzan.

Os espumosos Alma Atlántica nacen de forma natural tras a fermentación e rompen como o mar. Reforzando aínda máis esa sensación de frescor tan necesaria no verán. Alma Atlántica serve a dozura perfecta da tarde, a burbulla fina de cada momento especial. É espuma que baña con notas de albariño, de cereixa e de frambuesa da mencía. Toda a explosión do océano Atlántico adozada co sabor da vide.

REFRESCANTES E ESPUMOSOS DE ALBARIÑO E MENCÍA

Un proxecto de Bodegas Martín Códax no que se viaxa á orixe e a varietais únicos cun marcado carácter Atlántico. Unha nova forma de aproximarse ao albariño e á mencía, atrevida e transgresora. Un produto perfecto para un consumidor que o que busca é divertirse e gozar, sen por iso perder de vista a calidade do produto.

Bodegas Martín Códax viaxa á orixe e a varietais únicos cun marcado carácter Atlántico

Alma Atlántica Espumoso Albariño é uva albariño 100% en cuxo fermentado créanse de forma natural as finas burbullas que reforzan aínda máis a sensación de frescor. Sentir en cada sorbo o romper das ondas.

Alma Atlántica Espumoso Mencía Rosé é uva 100% mencía. As súas finas burbullas nacen de forma natural tras a fermentación e a súa escuma bañarache con notas afroitadas e florais que deixarán un recordo doce.

A PRIMEIRA SANGRÍA DO OCÉANO

Unha nova maneira de descubrir o lado oceánico e máis refrescante das uvas albariño e mencía

Alma Atlántica Sangría Albariño, é a primeira sangría branca do Atlántico. Unha nova forma de sentir e gozar as Rías Baixas coa uva albariño como protagonista, un baño de cítricos e os matices de loureira e caíño branco. Unha sangría lixeira, fresca e afroitada, directamente conectada co Atlántico.

Alma Atlántica Sangría Rosé, a primeira sangría do Atlántico. Unha íntima unión coa riqueza das súas augas, que gardan a mestura de sabores, sons e culturas dos pobos que se asoman ás súas ribeiras. Unha nova maneira de descubrir o lado oceánico e máis refrescante da uva mencía.

O DIVERTIDO É ROSÉ

Bodegas Martín Códax presenta a versión máis divertida do viño mencía, perfumada e refrescante. A firma de Cambados viaxa á orixe e a varietais únicos cun marcado carácter Atlántico. Unha nova forma de achegarse á uva mencía para un consumidor que o que busca é gozar, sen por iso perder de vista a calidade do produto.

Alma Atlántica Mencía Rosé é o resultado desta viaxe. Un viño elegante e sedutor á vez que refrescante, saboroso e froiteiro, con toques de froitos vermellos e violetas, que aspira a converterse na versión máis divertida do Mencía, ideal para os máis atrevidos e transgresores.