Este verán tampouco abrirán as súas portas os quioscos da praza de Barcelos e da praia fluvial do Lérez, pechados desde hai tempo.
O servizo municipal de Patrimonio desaconsellou a adxudicación directa dos dous quioscos, pola vía de negociado con invitación, recomendando que se saque a licitación unha nova concesión.
Segundo informou o concelleiro portavoz Raimundo González, a Xunta de Goberno local celebrada este luns acordou volver convocala polo que aqueles interesados dispoñen de 30 días hábiles para presentar as súas ofertas desde que salga publicado no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.
A concesión será por cinco anos máis prórrogas anuais ata un máximo de dez.
O canon anual que se lles cobrará a cada unha das persoas adxudicatarias é de 1.100 euros ao ano máis IVE para o da praia fluvial e en 2.400 euros máis IVE para o de Barcelos.