Durante hora e media o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, expuso aos alcaldes do distrito sanitario de Pontevedra un longo informe con datos sobre a situación existente e as medidas adoptadas pola Xunta. PontevedraViva está en disposición de ofrecer íntegro o contido de todo este informe do conselleiro:
Prazas creadas en atención primaria:
- 2019-2021 (Plan de Atención Primaria): 331
- Orzamentos 2022: 109 (81 de enfermería + 28 de farmacia)
- Orzamentos 2023: 134 (67 de enfermería, 28 de PSX, 13 de fisioterapia...)
Prazas creadas a través do Plan Galego de Atención Primaria no distrito sanitario de Pontevedra desde 2019:
- Total prazas área: 39 (cubertas 26) / Total prazas distrito: 25 (cubertas 20)
- Médicos de familia: 1 en A Parda, 1 en Anafáns (Poio), 1 en Virxe Peregrina
- Médicos de PAC: 1 en Baltar, 1 en Caldas (reconvertidas en FEAP e cubertas no concurso de méritos)
- MIR Familia: 1 en Monteporreiro, 1 en Virxe Peregrina
- Pediatras: 1 en A Parda, 1 en Virxe Peregrina, 1 en Baltar (Sanxenxo)
- Enfermería: 2 en A Parda, 1 en Sanxenxo
- Enfermería especialista: 2 en A Parda, 1 en Sanxenxo, 1 en Poio
- Enfermería de PAC: 1 en Sanxenxo, 1 en Caldas
- Fisioterapeuta: 2 en Virxe Peregrina, 1 en Tenorio (Cerdedo-Cotobade), 1 en Caldas
- Traballo Social: 1 en Virxe Peregrina, 1 en A Parda
Prazas cubertas a través do concurso de méritos de Facultativo Especialista en Atención Primaria:
Total área: 21 / Total distrito: 13
- 3 en Virxe Peregrina
- 2 en Marín
- 1 en A Parda, Lérez, Meaño, Moraña, O Grove, Ponte Caldelas, Sanxenxo (Baltar), Vilaboa
Melloras retributivas
A Xunta chegou en xullo de 2022 a un un acordo unánime na mesa sectorial con todas as organizacións sindicais para recoñecer e compensar as ampliacións de horario e de carga asistencial que ten que asumir o persoal de atención primaria pola falta de profesionais.
Os Orzamentos aprobados para 2023 incorporan 3,9 millóns de euros adicionais para financiar esas melloras retributivas ao persoal que realiza traballo extra para cubrir o déficit de profesionais a través de prolongacións de xornada ou de asunción da cota de pacientes de compañeiros ausentes.
Melloramos tamén os complementos de carreira profesional de todo o persoal sanitario: máis de 13.500 profesionais aumentaron de grao na convocatoria resolta en 2020 e que tivo un impacto orzamentario de 20 millóns de euros e outros 16.000 beneficiaranse do acordo unánime ao que chegamos cos sindicatos para incorporar ao persoal temporal e que nestes orzamentos supón 14 millóns.
OPEs convocadas desde 2012 en categorías de AP:
- 82 médicos de familia (convocada en 2014, tomaron posesión en 2017)
- 241 médicos de familia (convocada en 2018, tomaron posesión en 2019)
- 254 médicos de familia (convocada en 2019, tomaron posesión en 2021)
- 192 médicos de familia (convocada en 2023, pendente de resolución)
- 106 facultativos especialistas AP (convocada e resolta en 2022)
- 30 enfermeiros especialistas en familiar e comunitaria (convocada en 2019, tomaron posesión en 2021)
- 61 enfermeiros especialistas en familiar e comunitaria (convocada en 2023, pendente de resolución)
- 18 enfermeiros especialistas en pediatría (convocada en 2019, tomaron posesión en 2021)
- 32 enfermeiros especialistas en pediatría (convocada en 2023, pendente de resolución)
- 89 matróns/matroas (convocada en 2019, tomaron posesión en 2021)
- 52 matróns/matroas (convocada en 2023, pendente de resolución)
- 6 fisioterapeutas (convocada en 2015, tomaron posesión en 2017)
- 71 fisioterapeutas (convocada en 2019, tomaron posesión en 2021)
- 70 fisioterapeutas (convocada en 2023, pendente de resolución)
- 10 pediatras de atención primaria (convocada en 2017, toma de posesión en 2019)
- 93 pediatras de atención primaria (convocada en 2019, tomaron posesión en 2021)
- 15 odontólogos de atención primaria (convocada en 2017, toma de posesión en 2019)
- 7 odontólogos de atención primaria (convocada en 2019, tomaron posesión en 2021)
- 17 odontólogos de atención primaria (convocada en 2023, pendente de resolución)
- 2 hixienistas dentais (convocada en 2017, toma de posesión en 2019)
- 10 hixienistas dentais (convocada en 2019, tomaron posesión en 2021)
- 4 farmacéuticos de atención primaria (convocada en 2023, pendente de resolución)
- 16 traballadores sociais (convocada en 2017, toma de posesión en 2019)
- 46 traballadores sociais (convocada en 2021, a piques de resolución)
- 8 traballadores sociais (convocada en 2023, pendente de resolución)
- 135 PSX (convocada en 2019, toma de posesión en 2021)
- 213 PSX (convocada en 2023, pendente de resolución)
Total prazas convocadas desde 2012: A través desas oposicións continuas, estabilizouse a máis de 8.112 profesionais neste período de tempo.
Grazas a iso este ano, cando entrou en vigor a normativa europea que obriga a estabilizar a todo o persoal que superase determinado límite de tempo como interino, o SERGAS tivo que convocar algo máis de 2.500 prazas. En contraste, Asturias tivo que convocar 4.800. Comunidade Valenciana máis de 9.000 e Canarias 12.000.
Hai unhas semanas aprobouse no Consello da Xunta unha nova oferta pública de emprego que, sumada a ese proceso de consolidación e ás prazas pendentes de ofertas anteriores acaba de permitir convocar máis de 5.500 prazas fixas de persoal da sanidade pública.
Ademais, para o persoal temporal, en 2019 creáronse contratos de continuidade que ofrecen estabilidade, agora de ata tres anos.
COBERTURA PRAZAS MIR
- Cobertura xeral:
- 620 de 725 (85,6% de cobertura) en 2023
- 360 de 448 (80,4% de cobertura) en 2009
- Medicina de familia
- 207 de 207 (100% de cobertura) en 2023
- 88 de 125 (74% de cobertura) en 2009
Cando a esquerda gobernaba cubríanse só o 70% das prazas autorizadas polo Ministerio. En só 4 anos renunciaron a formar a máis de 150 médicos de familia. Case 40 por ano.
Desde 2009 non fixemos máis que incrementalas ata acadar o 100% das autorizadas e cando chegamos ao tope aínda conseguimos que se autorizasen máis prazas. Se dividimos esas 180 prazas que non se cubriron nos últimos 13 anos, non chegan a 15 prazas por ano.
Este ano formaremos 207, máis do dobre dos 88 especialistas en medicina de familia dos que formaba o seu goberno cada ano.
Enfermería especialista:
Duplicamos as prazas formativas nos últimos 6 anos das distintas especialidades de enfermería (de 53 en 2017 a 101 en 2023)
No caso de enfermería familiar, fomos a primeira comunidade en crear a categoría profesional, ofertar prazas fixas e cubrilas con persoal propietario.
ORZAMENTOS
O Orzamento do SERGAS aumentou un 36% en relación co que aprobou o bipartito para o ano 2009. Mentres aquel tiña 3.655 millóns, o de 2023 chegará aos 4.972 millóns de euros. 1.317 millóns máis.
E non se trata só de investimento en construción de hospitais (que tamén), senón que unha moi boa parte é investimento en persoal.
En relación ao 2009, os ORZAMENTOS EN GASTOS DE PERSOAL aumentaron un 29,5% (máis de 458 M€):
- Ano 2009: 1.556 M€ para todo o persoal do Sergas
- Ano 2023: 2.014 M€ para todo o persoal do Sergas
Así mesmo, nunca antes houbo tantos PROFESIONAIS CONTRATADOS (máis de 43.200, un 19% máis que en 2008, cando había 36.256): máis de 6.500 profesionais máis ao día traballando na sanidade pública respecto a cando gobernaba a esquerda:
- Media diaria profesionais en 2008: 36.256
- Media diaria profesionais en 2022: 43.295
No que respecta a atención primaria, os ORZAMENTOS da Xunta para o 2023 superan os 1.520 millóns de euros, cando en 2009 estaban en 1.430).
Respecto a persoal, hai case 134 M€ máis para o capítulo de persoal de atención primaria que os que tiña o Orzamento do bipartito para o ano 2009 (442 fronte a 576).
Así mesmo, Galicia conta con máis de 1.000 profesionais máis ao día traballando na atención primaria respecto a cando gobernaba a esquerda:
- Media diaria profesionais primaria 2008: 8.692
- Media diaria profesionais primaria 2023: 9.711
Respecto á área sanitaria de Pontevedra e Salnés, o seu orzamento para 2023 é de 431,8 millóns (cun 7,1% de incremento respecto ao ano pasado), o que supón, por exemplo, máis do dobre do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra.
CONSELLO DE CONTAS
As únicas carencias que tivo o Sergas durante a pandemia foron de material cando o Goberno de España intentou centralizar as compras de equipamento e fracasou.
Hai un informe entregado no Parlamento onde se demostra como a anticipación do servizo de equipamentos do Sergas permitiu que Galicia mercara respiradores á metade de prezo do que tivo que pagar o Ministerio cando fixo ese intento falido de xestionar as subministracións.
Durante a pandemia o Servizo Galego de Saúde contou con todos os fondos que necesitou.
Tamén dos que mandou o goberno: se destinaron á sanidade os que foron precisos e a outras actuacións de política social e de política económica os que tamén eran precisos.
O Consello de Contas di textualmente que “7.16. Tendo en conta o anterior, a Administración autonómica dispón, a 31 de decembro de 2020, dun remanente estimado de 21,32 millóns de euros, correspondente cos recursos do Fondo COVID19 non aplicados a gastos COVID-19. Este remanente pode ser incorporado, no seu caso, ao exercicio seguinte para atender as obrigas pendentes de imputar ao orzamento ao peche do exercicio 2020. Porén, a Administración autonómica identificou un gasto adicional noutras modalidades de financiamento por importe de 93,7 millóns de euros que, estando ocasionado pola COVID-19, non foi posible regularizar a 31 de decembro de 2020. Polo que, en caso de computar todo ou parte deste gasto non formalizado, podería entenderse que os recursos do Fondo COVID19 foron aplicados na súa totalidade”.
Xa que ao PSdeG lle interesa o fondo COVID tería sido moi interesante que axudaran a que no ano 2022 houbese algunha transferencia de fondo COVID por parte do Goberno de España porque os servizos sanitarios autonómicos, a educación, os servizos sociais e os sectores produtivos seguiron a necesitar investimento extra debido á pandemia.
O SERGAS, por exemplo, ten en marcha unha unidade poscovid en cada unha das sete áreas sanitarias para seguir atendendo pacientes con secuelas.
Sen embargo, o Goberno de España negouse a dotar un fondo covid para 2022. Incumprindo incluso a lei de orzamentos que aprobaron as Cortes.
CARGA DE TRABALLO
En Galicia os médicos de familia teñen unha media de 1.236 tarxetas sanitarias adscritas, por debaixo da media española (1.370).
Somos a segunda comunidade na que menor porcentaxe de médicos teñen máis de 1.500 tarxetas. En Galicia son o 11,6% e a media nacional é de 38,2%,
Pediatría: a media de tarxetas sanitarias por pediatra en Galicia é de 937, fronte ás 968 de media estatal.
BAROMETRO SANITARIO 2022 (NOVEMBRO)
A cidadanía de Galicia é a segunda de todas as comunidades autónomas na que máis xente considera que a sanidade pública funciona ben ou moi ben. 66% da poboación mentras que a media española é dun 57%.
Só o 10,6% dos galegos responden que “funciona mal”. É a porcentaxe máis baixa de todas as CCAA e claramente por debaixo da media nacional (14,5) .
Na puntuación de 1 ao 10 sobre a satisfacción co seu sistema sanitario público, os galegos outorgan un 6,48. É a cuarta nota máis alta de todas as CCAA.
Cando se lle pregunta á cidadanía que servizo elixiría para si mesmo ou algún membro do seu fogar se puidera, Galicia é a 2ª comunidade na que maior porcentaxe de poboación elixiría a sanidade pública para consulta de médico de cabeceira ou pediatría (76,5% fronte o 68,6% de media nacional).
Pola contra, na que máis poboación elixiría a privada é Baleares, con goberno do Partido Socialista.
PRIVATIZACIÓN
Como reflicte o informe do Consello de Contas sobre a conta xeral do SERGAS de 2008, nos catro anos de goberno do Bipartito, o gasto en actividade concertada aumentou un 48%, pasando os concertos coa sanidade privada dun 5,5% do total do gasto a máis dun 6%. Unha porcentaxe que co goberno do PP descendeu a arredor do 5%, tal e como certifican ano a ano os informes do Consello de Contas.
Este ano está no 4,4%. É dicir, o continuo incremento dos fondos dedicados ao sistema público ao tempo que se mantén a partida de concertos coa privada case conxelada nos últimos anos provoca que o peso destes concertos no gasto global do Sergas sexa o menor nos últimos 20 anos.
A acusación de favorecer aos seguros privados tampouco se sostén, xa que os datos das propias entidades aseguradoras din o contrario. O último informe da Unión Española de Entidades Aseguradoras (UNESPA) di que en 2020 había en Galicia menos porcentaxe de poboación con seguro médico que en 2009. No mesmo período, a media española de poboación con seguro privado subiu 4 puntos.