Estas son as sete novas empresas do viveiro de Barro-Meis

Barro
07 de abril 2016

A Deputación aprobou a instalación de sete novas empresas no viveiro de Barro-Meis, cinco en oficinas e dúas en naves

A presidenta da Deputación no viveiro de empresas de Barro-Meis
A presidenta da Deputación no viveiro de empresas de Barro-Meis

A Deputación aprobou a instalación de sete novas empresas no viveiro de Barro-Meis, cinco en oficinas e dúas en naves.

  • "Certivedra Rehabilitación C.B" adicada a construción e rehabilitación enerxética de edificios, emisión de informes de avaliación de edificios, certificados de eficiencia enerxética, peritacións e valoracións
  • "Laura Santiago Fariña" para a formación, asistencia e orientación socio-sanitaria no medio rural (necesidades asistenciais, formación de pacientes e de familias e orientación na tramitación de documentos)
  • "Coperfruit S.L." adicada a comercialización, importación e exportación de froitas
  • "María Margarita Ferreira Pereira" para asesoramento para persoas que queiran desenvolver a súa actividade no medio rural
  • "Avelino Tourís Fajardo"  adicado á comercialización de sal mariña natural atlántica 100% sen aditivos
  • "Jorge Fontán Carballo", adicado ao transporte e distribución de mercadorías perecedoiras por estrada.

 

O viveiro de Barro-Meis dispón de 16 naves dunha superficie variable entre 54,75 metros cadrados e 111,10 metros cadrados, 24 oficinas dunha superficie variable entre 18 metros cadrados e 25 metros cadrados e 3 espazos coworking de 37 metros cadrados cada un, cunha capacidade para 12 postos de traballo.