Estas serán as localizacións dos seis participantes este venres na Mostra da Parodia

Pontevedra
13 de febreiro 2024

Nesta ocasión serán seis as agrupacións participantes:  Os do Val do Lérez, Vamos a todo, Os das Pistas, Equipo Ja, Parodia PTV e Las flores del Carnaval

XXVI Mostra da Parodia - Entroido 2023
XXVI Mostra da Parodia - Entroido 2023 / Mónica Patxot

O humor tomará este venres as rúas da cidade coa Mostra da Parodia do Entroido, será unha noite para rir gargalladas antes da xornada de reflexión do sábado, véspera da cita electoral do 18-F.

Nesta ocasión serán seis as agrupacións participantes: Os do Val do Lérez, Vamos a todo, Os das Pistas, Equipo Ja, Parodia PTV e Las flores del Carnaval. 

'Os do Val do Lérez' instalaranse nas inmediacións da terraza do Carabela, 'Vamos a todo' estarán nos Soportais da Praza da Ferraría, mentres que 'Os das Pistas' montarán o seu espectáculo á beira da Sidrería Montañés (coñecida como Casa Alcalde, detrás da igrexa da Peregrina). Pola súa banda, 'Equipo Ja' instalarase na Praza de Ourense e 'Parodia PTV' farano na rúa Manuel Quiroga e, por último, 'Las flores del Carnaval' ocuparán a Praza da Ferraría.

Será a edición número 27 da Mostra da Parodia que empeza nas rúas e prazas da cidade ás dez e media da noite. 

A entrega de premios está prevista para a 1 da madrugada na Praza da Ferraría. 

Arquivado en