A estación de tratamento de auga potable (ETAP) situada no lugar de Veiga Grande, en Sebil, tratou un total de 1.040.004 metros cúbicos de auga ao longo do ano 2024.
Esta infraestrutura, xestionada polo Concello de Cuntis, abastece tanto a este municipio como ao veciño municipio de Moraña.
Do total da auga tratada, o Concello de Cuntis consumiu 727.060 metros cúbicos, mentres que o Concello de Moraña utilizou 312.944 metros cúbicos, sumando entre ambos 1.023.193 metros cúbicos distribuídos aos usuarios.
A planta, que capta a auga do río Umia no lugar de Veiga Grande, destaca pola alta calidade do recurso hídrico.
A empresa concesionaria Espina y Delfín encárgase do mantemento e xestión operativa desta infraestrutura fundamental para o abastecemento de ambos concellos.
Durante o pasado ano, as administracións locais realizaron importantes melloras na planta, entre as que destaca a instalación de equipos de telecontrol que permiten unha xestión máis eficiente por parte da concesionaria, o que repercute directamente na calidade do servizo prestado aos veciños.
O Concello de Cuntis, ademais de xestionar o ciclo da auga en alta ata os depósitos, tamén se encarga da lectura dos contadores no seu municipio, completando todo o ciclo, segundo indica o goberno local.