Estabilidade con 209 casos activos de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra
25 de marzo 2021

Aumenta nun caso o número de pacientes en planta de hospitalización pero diminúe en dúas persoas os ingresados na Unidade de Coidados Críticos de Montecelo. Nas últimas 24 horas incrementouse a cifra de PCR's realizadas entre a poboación desta área pasando de 275 a 475 probas

Unha axente da Garda Civil recibindo a vacina
Unha axente da Garda Civil recibindo a vacina

Continúan, igual que durante a xornada do mércores, 209 casos activos por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo os datos ofrecidos pola xerencia. Desa cifra, atópanse 14 pacientes en planta de hospitalización, un caso máis nas últimas 24 horas. Trece pacientes permanecen ingresados no Hospital Montecelo e un no Hospital do Salnés.

Dous pacientes, dous menos que este mércores, mantéñense ingresados en Montecelo dentro da Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

A Consellería de Sanidade mantén o seguimento de 193 casos  covid, que se recuperan nos seus domicilios da enfermidade. O número de falecementos desde o inicio da pandemia non ofrece cambios e segue sendo de 161 persoas. Curáronse 12.315 desde que fai máis dun ano púxose en marcha o plan de continxencia pola pandemia.

Nas últimas 24 horas realizáronse 475 probas PCR na área sanitaria, unha subida notable respecto a as 275 realizadas no balance anterior. Nestas novas probas detectáronse 12 positivos.

En canto á incidencia acumulada a 7 días na cidade de Pontevedra descende a 25,00 casos confirmados por cada 100.000 habitantes, mentres que a 14 días a cifra aumenta a 50,00 casos.

DATOS EN GALICIA

Os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade reflicten que hai 162 novos casos activos en Galicia, con 2.440 persoas hospitalizadas, ademais de 187 persoas ingresadas nas Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais galegos. 

Nas últimas horas rexistráronse catro novos falecementos por esta enfermidade elevando a cifra de mortes en Galicia desde o inicio do plan de continxencia a 2.329 persoas.

A incidencia acumulada en Galicia a 7 días é de 34 casos por cada 100.000 habitantes mentres que a de 14 días elévase a 75 casos.