Esta vez si, chega a terceira edición do Rakayo Skate Open

Sanxenxo
25 de xullo 2024

A cita, organizada por Rakayo, celebrarase este domingo, 28 de xullo en Sanxenxo

Presentación do Rakayo Skate Open
Presentación do Rakayo Skate Open

Despois de dous intentos frustrados por mor das malas condicións meteorolóxicas esta vez todo apunta a que o tempo acompañará e Rakayo Skate Open cumprirá este domingo a súa terceira edición con máis de 5.000 euros en premios. 

A cita organizada por Rakayo, coa colaboración do Concello de Sanxenxo, caracterízase polo seu formato novo, divertido e festivo no que o bo ambiente está garantido. 

Será este 28 de xullo cando se dean cita no skate park de Portonovo os participantes nas tres probas diferentes. 

A proba dará comezo ás 9:30 horas cos competidores da modalidade skate sub-12 que dispoñerán de 2 roldas a realizar no bowl. Puntuarase cada rolda e elixirase a mellor puntuación. Haberá premios asegurados para todos os participantes. 

A partir das 12 horas, celebrarase a Scooter Open na que haberá de 2 probas diferentes: Rolda Street na que o scooter dispoñerá de 2 roldas de 40 segundos para moverse por todo o skatepark na que se puntuará a súa mellor rolda e a Beststrick, na que o scooter dispoñerá de 3 intentos para facer o seu mellor truco no bowl. É un bonus para a puntuación final. Unha vez realizadas as dúas probas, sumaranse as dúas puntuacións e elixiranse aos 3 gañadores.

Pola tarde, de 17 a 21 horas, celebrarase o Skate Open na que os participantes dispoñerán de varias seccións onde se premian as 2 mellores puntuacións de cada modalidade. Haberá 4 modalidades e en cada unha delas haberá dous gañadores. Unha vez puntuadas as 4 seccións, os xurados seleccionarán aos 8 mellores competidores do Skate Open, e competirán entre eles na Skate Final.

A gran final será ás 21:30 horas con dúas probas: O Rey do Flat: Os 8 mellores clasificados do torneo, onde disputarán un SK8 entre eles. Só haberá un gañador. E a segunda proba será a Rolda libre: Os 8 mellores skaters, mediranse en 2 roldas libres de 40 segundos polo skatepark. Puntuarase a mellor rolda de street e decidiranse os 3 mellores clasificados.

Ás 22 horas, terá lugar a entrega de premios aos 3 mellores clasificados de próbaa Skate Final e ao Gañador do Rey do Flat.