Esta é toda a programación de Nadal do Concello de Poio

Poio
30 de novembro 2023

O Concello de Poio ven de presentar este xoves a programación do Nadal no que destaca a decoración das Aldeas de Nadal, así como da carpa que se instalará na Seca o venres 22, e que contará con obradoiros e actividades para a rapazada durante todas as festas.

Presentación da programación do Nadal en Poio
Presentación da programación do Nadal en Poio / Concello de Poio

O Concello de Poio ven de presentar este xoves a programación do Nadal no que destaca a decoración das Aldeas de Nadal, así como da carpa que se instalará na Seca o venres 22, e que contará con obradoiros e actividades para a rapazada durante todas as festas. 

No caso de condicións metereóloxicas adversas todas as actividades programadas nestas Aldeas de Nadal, trasladaránse á Rede de Espazos Municipais ou ao chamado "Poio Máxico", isto é, a carpa instalada na Seca.

O alcalde Ángel Moldes insistiu en que a súa proposta escapa da competición por ver quen coloca máis arcos de luz para apostar por un Nadal con contido, convertendo ás aldeas e lugares das parroquias en puntos de encontro para nenos e maiores cunha programación moi familiar.

  • SÁBADO 2 DE DECEMBRO
    • 18.00 horas. Inaguración do Nadal - A Fedelleneta Dj e o Tren Máxico. Na Praza do Mosteiro de Poio, en San Xoán.
  • LUNS, 4 DE DECEMBRO
    • 16.30 horas. Decoración e Obradoiro de Nadal. Unha actividade para todos ós públicos que se desenvolverá na Biblioteca Pública de Campelo.
  • SÁBADO, 9 DE DECEMBRO
    • 16.30 horas. Pasarrúas con batukada "Canecos"
    • 17.30 horas. Aldea musical do Nadal con Nelson Quinteiro. Na Aldea do Adro, San Salvador
  • LUNS, 11 VENRES 15 DE DECEMBRO
    • 11.30 - 12.00 horas. Visitas da "A Fedelleneta do Nadal" as Escolas Infantiles Galiña Azul e O Bao; e aos colexios de Viñas, Lourido, Isidora Riestra, Chancelas, Espedregada e ao Instituto de Secundaria de Poio.
  • SÁBADO 16 DECEMBRO
    • 11.30 horas. Pasarrúas con batukada"Canecos"
    • 12.30 horas. "A Fedelleneta do Nadal" con Tere e Javi Solla Animación. Na Aldea das Palleiras, Combarro.
  • VENRES 15 DE DECEMBRO
    • 17.00 horas. Festival de Nadal, con bingo, sorteos, panxoliñas co coro da Casa Rosa, baile co Trio Azabache e roscón, na Casa Rosa, en San Salvador.
    • 17.30 horas. Pasarrúas con batukada"Os Queimatasas"
    • 18.30 horas. Aldea musical do Nadal con Nelson Quinteiro, na Aldea dos Muiños, Samieira.
  • DOMINGO 17 DECEMBRO
    • 17.00 horas. Papanoelada Moteira organizada polo Motoclube A Rosa Dos Ventos que percorrerá as estradas do municipio con remate na Carpa da Seca. 
  • MARTES 19 DECEMBRO
    • 17.00 horas. Obradoiro creativo "Adornos e centros de Nadal". Precisa inscrición previa no 986.872.401 e está destinado para público adulto. Desenvolverase na Casa Rosa.
  • XOVES 21 DECEMBRO
    • 17.00 horas. Obradoiro creativo "O teu gnomo de Nadal". Precisa inscrición previa no 986.872.401 e está destinado para público adulto. Desenvolverase na Casa Rosa.
  • VENRES 22 DECEMBRO AO SÁBADO 6 XANEIRO
    • 16.30 a 20.15 horas. "Poio Máxico" zona de xogos e obradoiros para público familiar na carpa da Seca. 
  • SÁBADO 23 DECEMBRO
    • 17.30 horas. Belén Vivente. Organizado pola Asociación de mulleres rurais Santa Trahamunda na contorna da Igrexa de San Martiño.
    • 19.00 horas. Festival de Nadal da Escola de Acordeóns, na Comunidade de Montes de San Xóan, na Seca.
  • VENRES 22 DECEMBRO
    • 12.30 horas. Contos de Nadal na Biblioteca de Campelo.
    • 13.30 horas. Sorteo lotaría do Nadal na Biblioteca de Campelo.
    • 19.00 horas. Concerto Monifate, organizado polo Ateneo Corredoira na Aldea das Palleiras, en Combarro.
  • DOMINGO 24 DECEMBRO
    • 11.00 horas. Papá Noel viaxa no Tren Máxico, con saída dende a Praza do Mosteiro.
    • 12.30 horas. Concurso de belén tradicional e visita do xurado. Organiza o Ateneo Corredoira, na praza de San Roque, en Combarro.
    • 17 a 19 horas. Recepción a Papá Noel e entrega de premios do concurso de Tarxetas do Nadal, na carpa da Seca.
    • 19.00 horas. Concerto de panxoliñas ‘Canta nas croas’, organizado polo Ateneo Corredoira na Praza da Chousa, en Combarro.
  • MARTES 26 DECEMBRO
    • 18.00 horas. ‘Hocus pocus’ co Mago Paco un espectáculo para público familiar na carpa da Seca.
  • MÉRCORES 27 DECEMBRO
    • 17.00 horas. Pasarrúas con batukada"Os Vikingos"
    • 18.00 horas. "A Fedelleneta do Nadal" con Tere e Javi Solla Animación. Na Aldea das Palleiras, Combarro.
  • XOVES 28 DECEMBRO
    • 16.30 horas. Pasarrúas con batukada "Os Queimatasas".
    • 17.30 horas. "A Fedelleneta do Nadal" con Tere e Javi Solla Animación. Na Aldea da Vila, Raxó.
    • 18.00 horas. ‘Gala do Circo’ presenta Moura Teatro, "Clowntaminación" con Rudi Dudi, "El autoestopista intergaláctico" con Aitor Garuz e "Sin medidas" con Jano Costas. Na carpa da Seca.
    • 19.00 horas. Concerto de panxoliñas ‘Canta nas croas’, organizado polo Ateneo Corredoira na Aldea das Palleiras, en Combarro.
  • VENRES 29 DECEMBRO
    • 18.00 horas. "Cantos e contos do Nadal", coa cantante Uxía acompañada de Sergio Tanus e Santiago Cribeiro, no Centro Cultural Xaime Illa, de Raxó.
  • SÁBADO 30 DECEMBRO
    • 11.30 horas. Pasarrúas con batukada"Os Vikingos"
    • 12.30 horas. "A Fedelleneta do Nadal" con Tere e Javi Solla Animación. Na Aldea dos Muiños, Samieira.
    • 16.30 horas. Pasarrúas con batukada "Os Queimatasas".
    • 17.30 horas. ‘Pequeno Circo do Nadal’ con Nelson Quinteiro na Aldea dos Patos, en Lourido.
    • 19.00 horas. Pasarrúas con batukada "Os Queimatasas".
    • 20.00 horas. ‘Pequeno Circo do Nadal’ con Nelson Quinteiro na Aldea das Badaladas, en San Martiño.
    • 21.00 horas. Pre Fin de Ano e Badaladas na contorna da Igrexa de San Martiño. Coa actuación das Pandereteiras do Ronsel e Festa Neón con Dj Arrow. Contorna da Igrexa de San Martiño.
  • DOMINGO 31 DECEMBRO
    • 12.30 horas. Belén Vivente. Organizado polo Ateneo Corredoira na Igrexa de San Bernardo, Combarro.
    • 17.30 horas. Pasarrúas con batukada"Os Vikingos".
    • 18.30 horas. Aldea Musical do Nadal con Nelson Quinteiro na Aldea da Capela, en Campelo.
  • MARTES 2 XANEIRO
    • 17.00 horas. Pasarrúas con "Vides Novas"
    • 18.00 horas. "A Fedelleneta do Nadal" con Tere e Javi Solla Animación. Na Aldea da Capela, en Campelo.
    • 20.00 horas. Concerto de Aninovo,  coa Coral de Poio, Coral Virxe de Fátima e Coro Virxe da Renda "Jazz á luz das candeas" interven Rosolino Martinello. No Mosterio de Poio.
  • MERCORES 3 XANEIRO
    • 17.00 horas. Pasarrúas con "Vides Novas"
    • 18.00 horas. "A Fedelleneta do Nadal" con Tere e Javi Solla Animación. Na Aldea do Adro, no adro da Igrexa de San Salvador.
    • 20.00 horas. Máis Cantos de Reis no Pazo Besada.
  • XOVES 4 XANEIRO
    • 17.00 horas. Pasarrúas con batukada "Os Vikingos".
    • 18.00 horas. "A Fedelleneta do Nadal" con Tere e Javi Solla Animación. Na Aldea dos Patos, Lourido.
  • VENRES 5 XANEIRO
    • 11.00 horas. Saúda Reis. Coa visita do Tren Real e da comitiva polas parroquias de Poio. Ruta 1: San Salvador - San Xóan. Ruta 2: Raxó - Samieira - Combarro.
    • 19.00 horas. Recepción Real na carpa da Seca.
  • SÁBADO 6 XANEIRO
    • 18.00 horas. Cabalgata De Reis coa colaboración das ANPAs Espedregada, Isidora Riestra, Chancelas, Lourido e Viñas.
    • 19.30 horas. Festa ven despedir o Nadal! Con Javi Solla. Na carpa da Seca.