Achégase a Feira Franca. DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO
O venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro, Pontevedra viaxará un ano máis ao século XV para lembrar que no ano 1497 o rei Henrique IV de Castela lle outorgou á Boa Vila, daquela a principal vila de Galicia, o privilexio para instaurar un mercado libre de impostos dun mes de duración, quince días antes e outros quince despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu. Unha cita declarada de Interese Turístico de Galicia e que este ano -e xa son dezanove- estará adicada ás lendas.
As rúas e espazos públicos do centro histórico e contorna encheranse de artesáns, canteiros, ferreiros, palilleiras, cesteiros, oleiros, redeiras, carpinteiros, músicas, xograres, campesiños, toneleiros, artistas, comerciantes, damas e cabaleiros, listos para mergullarse no pasado e participar nas numerosas actividades propostas e mais reunirse para xantar e divertirse.
A participación activa da veciñanza é a crave do éxito da Feira Franca de Pontevedra. A Concellería de Festas informa que son 233 as ceas a xantares na rúa de particulares autorizados; ademais de 143 permisos para hostalaría e 68 autorizacións para a instalación de postos do mercado medieval (31 para postos de artigos de artesanía e 37 postos de alimentación).
As lendas será o fío condutor dunha Feira Franca que en anos pasados adicouse a temáticas como: o mundo dos Irmandiños, o mar do medievo, a agricultura, as cantigas de Amor, escarnio e maldicir; os camiñantes, o comercio, os xogos populares, os inventos, a astronomía, a alquimia e a música.
Programa XIX Feira Franca
- Venres 31 de agosto. Xornada inaugural
19.00 horas. Pregoeiros a cabalo anuncian o comezo da XIX edición da Feira Franca polo centro histórico.
22.30 horas. Espectáculo As portas do Lérez a cargo das compañías Kull d’Sak e Troula na Ferraría.
- Sábado 1 de setembro. Día da Feira Franca
11.30 horas. Apertura do mercado medieval (avda. de Santa María) e da mostra de oficios (praza da Ferraría e do Peirao)
11.30 horas. Cantigas de Afonso X e música medieval. Asociación Cultural Pola Vila, centro histórico.
12.00 horas. Recreación do transporte do viño pola asoc. Recriativa de Xeve, Art Monium, Pablo Méndez, animación, música, representacións... Percorrido: rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría e remate na praza da Peregrina.
12.30 horas. Demostración e obradoiros de esgrima. Escola Hungaresa, Montero Ríos.
12.30 horas. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga. Mercenarios do Norte,Verdura.
13.00 horas. Tiro con arco. Boa Vila, Montero Ríos.
13.30 horas. Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos.
17.00 horas. Demostración e obradoiros de esgrima. Escola Hungaresa, Montero Ríos.
17.30 horas. Gran torneo medieval. Hípica Celta, praza de touros. Entrada de balde ata completar capacidade; polas portas 2, 3 e 6.
17.30 horas. Exhibición de danza. Club Treboada, Montero Ríos.
17.30 horas. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga. Mercenarios do Norte, Ferraría.
17.30 horas. Animación medieval. Olodum do Coio, centro histórico.
18.00 horas. Pasarrúas de paxaros xigantes e domadores polas rúas do centro histórico.
18.00 horas. Cantigas de Afonso X e música medieval. Asociación Cultural Pola Vila, centro histórico.
18.30 horas. Música e bailes medievais. Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes, Peregrina.
18.30 horas. Competición-exhibición de tiro con arco. Club Boa Vila, Montero Ríos.
19.00 horas. Pasarrúas de bufóns e trobadores polas rúas do centro histórico.
19.00 horas. Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos.
19.30 horas. Exhibición de danza. Club Treboada, Montero Ríos.
19.30 horas. Pasarrúas. Art Monium, centro histórico.
20.00 horas. Gran torneo medieval. Hípica Celta, praza de touros. Entrada de balde ata completar capacidade; polas portas 2, 3 e 6.
21.00 horas. Pasarrúas. Art Monium, centro histórico.
21.00 horas. Cantar de cego e música medieval. Foula, centro histórico.
21.45 horas. Pasarrúas dos Errantes, centro histórico.
23.00 horas. Pasarrúas e fin de festa. Art Monium, centro histórico.