Unha selección española de fútbol chea de Cucurellas, toda a aldea gala de Astérix, as superheroínas de Marvel, esquimais… mesmo un tiroteado Donald Trump (sangrando aínda pola orella) participaron este domingo na décimo cuarta edición do Mundial de Colchonetas de Sanxenxo.
A cita estival volveu a rexistrar un éxito de participación con máis de 360 bañistas, que se zambulliron na praia da Panadeira cos seus inflables.
As mareas marcaron o horario polo que foi ás catro da tarde cando empezou esta divertida e orixinal competición.
Na categoría infantil foron premiados: Hugo Suárez, Klaus Müller e Sara Rubio. No grupo de participantes de entre 10 a 14 anos: Daniela Suárez, Maira Parente e Elsa Feijoo; e en adultos os primeiros clasificados foron Ramón Garrido, Miguel Sabor e Francisco Balado.
En canto aos disfraces, na categoría infantil os gañadores foron os 'Coches de choque', 'Chipirones' e 'Sirenas e Tritón', mentres que na categoría individual foi para 'Angelito'.
Tamén foron premiados os grupos de 'Astérix', 'Cucurella' e os 'Esquimais' e os mellores na categoría individual foron os disfraces: 'Mesa de mezcla', 'Propulsión' e 'Franz de la jungla'.
A iniciativa da Asociación Lúdica e Cultural O Cubreiro reuniu a numeroso público entre os que houbo quen propoñía que esta competición pase a ser 'olímpica'.