A parroquia de Cerponzóns celebrou, neste 2024, o tradicional concurso de Espantallos, que chega xa ao seu quinto aniversario incrementando a popularidade entre a veciñanza.
Nesta ocasión, residentes doutras parroquias tamén quixeron participar deste evento no que se utiliza material reciclado para elaborar divertidos personaxes.
Finalmente, os premios foron para Espinete, Espetado e Labrego cos pés na terra, unhas creacións orixinais e con algunhas evidentes referencias á década dos anos oitenta.
O xurado estaba composto por Anabel Gulías, Alberto Oubiña, Pepa Pardo, Gerardo Pérez Puga, Yoya Blanco e Iván Puentes, concelleiros da corporación pontevedresa.
A empresa Conservas Pescamar colabora con este certame e achega produtos que se entregan aos premiados.
Desde a asociación veciñal O Chedeiro de Cerponzóns agradecen a participación e o esforzo realizado durante os dous últimos meses na elaboración dos "espantallos".
Ademais, destacan a unión e o espírito colaborativo da parroquia.