Máis de 20 minutos de duración e un auténtico espectáculo visual. Así se resume o Combate Naval en Vilagarcía que serviu para conmemorar a fusión dos municipios de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán cando se cumpre agora un século daquela unión.
Con luces acuáticas, terrestres e aéreas, desenvolveuse o tradicional Combate que contou co castelo máis grande dende que se realiza este evento cunhas dimensións de 28 metros de lonxitude e 16 de altura.
Numeroso público asistiu a este espectáculo de luz e son.