Máis dun cento de persoas, entre as que figuraron estudantes de Primaria e Secundaria de centros educativos da cidade, así como usuarios de diversos colectivos sociais, participaron este mércores na andaina organizada pola Deputación en Pontevedra para conmemorar o "Día Mundial das Cidades", baixo o lema "Mellor cidade, mellor vida. Solucións innovadoras e unha mellor vida para as futuras xeracións".
Na camiñada participaron estudantes do CEIP Vilaverde de Mourente e do IES A Xunqueira I, así como persoas usuarias das asociacións Xuntos e Xoán XXIII.
Dúas guías acompañáronos no percorrido que fixeron polos lugares máis representativos da cidade e lles explicaron a súa historia e evolución.
A andaina realizouse de forma simultánea á organizada pola Deputación en Vigo, na que participaron preto de duascentas persoas.