Escolares de Pontevedra e Marín estrean as actividades para centros educativos no Salón do Libro

Pontevedra
05 de marzo 2024

Durante os próximos días máis de seis mil alumnos e alumnas de todos os ciclos educativos, desde Infantil ata Universidade visitaránn esta edición do Salón do Libro

Raquel Queizás estreou 'Descubriendo magas' no Salón do Libro
Raquel Queizás estreou 'Descubriendo magas' no Salón do Libro / Concello de Pontevedra

Alumnos de Primaria dos centros pontevedreses Villaverde, A Xunqueira 2, Marcos da Portela, San José e do Carballal de Marín foron os primeiros escolares que puideron gozar do programa doSalón do Libro dirixido aos centros educativos que colaboran con esta iniciativa do Concello da capital.

A cativada participou de sesión de contacontos con Bea Campos, Migallas Teatro, Sherezade Bardají, talleres con Anxo Fariña e Susana Suniaga e a estrea do espectáculo 'Descubrindo magas' de Raquel Queizás. Con todas estas propostas, este público miúdo puido por exemplo aprender nomes de animais en galego, cancións, terminar un conto en catalán; en definitiva, gozar de xogos e de lectura en lugar de pantallas de dispositivos.

Tras as diversas actividades tamén fixeron un percorrido pola sala de exposicións acompañados de monitores do Salón. Estímase que durante os próximos días máis de seis mil alumnos e alumnas de todos os ciclos educativos, desde Infantil ata Universidade visiten este Salón do Libro. 

Non só os máis pequenos puideron gozar do espectáculo de Raquel Queizás xa que o público familiar tamén estaba convidado a outro pase vespertino de 'Descubrindo magas' e ao taller de contacontos con efectos máxicos a través de luces de lanternas. Ademais o Miradoiro de Monte Porreiro foi o emprazamento elixido para este luns polos libros viaxeiros de 'Rodalibros'.

Martes

A programación para a tarde deste martes 5 ofrece o taller 'Abrapalabra!' a partir das 17.15 horas. Caxoto e Marc Taeger estrearán 'Nada por aquí, nada por alí', unha sesión de contos e ilustración dirixida a público familiar que comezará ás 18.00 horas e o taller de creatividade literaria 'Druídas e dryades' a cargo do Centro Kairós que comezará ás 19.00 horas e está dirixido a menores a partir de catro anos. Á mesma hora monitorado do Salón ofrecerá o taller 'XimMaxia'.