Escolares de Bueu protagonizan un pleno sobre a igualdade

07 de marzo 2019

O protagonista foi o alumnado dos centros educativos IES Johán Carballeira, IES Illa de Ons, CEIP Plurilingüe A Pedra e CPR Virxe Milagrosa

Escolares de Bueu protagonizan un pleno sobre a igualdade
Escolares de Bueu protagonizan un pleno sobre a igualdade / Concello de Bueu

O salón de plenos do Concello de Bueu foi escenario este xoves dun debate sobre a igualdade coa celebración dun pleno no que foi o protagonista o alumnado dos centros educativos IES Johán Carballeira, IES Illa de Ons, CEIP Plurilingüe A Pedra e CPR Virxe Milagrosa.

A realización deste pleno é unha das medidas recollidas no I Plan de Igualdade Intercentros que se aprobou este ano e que ten por obxectivo promover accións para lograr a igualdade desde a base, é dicir, desde a propia educación.

Así mesmo, no marco dos actos centrais do 8 de marzo, este venres ás 12.00 horas, a CIG convocou unha mobilización feminista diante da casa consistorial de Bueu.

Conscientes de que a educación é unha arma cargada de futuro na loita pola igualdade,  vindeiro luns, 11 de marzo ás 12.00 horas, terá lugar no Centro Social do Mar un acto de entrega dos premios dos certames educativos de viñeta/ilustración e literario "A igualdade no traballo".

Xa o 22 de marzo, o salón de plenos acollerá a partir das 19 horas a gala de entrega do premio a María López Correa, gañadora do IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares.