A Escola de Música de Portas será rehabilitada, segundo acordou o Concello.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou este mércores co alcalde, Ricardo Martínez, o convenio polo que a administración autonómica outorga un préstamo sen xuros ao Concello para financiar estes traballos.
Se investirán máis de 585.000 euros a través do Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
A actuación prevista establece a rehabilitación do inmoble para garantir o illamento térmico e eficiencia enerxética, ademais da accesibilidade, así como a ampliación do edificio para pechar a zona do soportal.
Tamén facilitará a reordenación dos espazos interiores destinados a aulas de música, onde acoden actualmente máis de medio cento de estudantes.
Os traballos financiaranse a través do Fondo de Cooperación, creado no 2016, e co que a Xunta ofrece apoio aos concellos de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.