Erguer sitúa no 80% o seguimento da folga estudiantil en Pontevedra

Pontevedra
03 de outubro 2024

A organización Erguer. Estudantes da Galiza convocaba unha folga estudantil para este mércores 2 de outubro como culmen da súa campaña "O estudantado polo dereito á vivenda". En Pontevedra, ademais, concentráronse na Praza da Peregrina ao mediodía  

Concentración na Praza da Peregrina pola folga estudiantil convocada por Erguer
Concentración na Praza da Peregrina pola folga estudiantil convocada por Erguer / Erguer

A organización Erguer. Estudantes da Galiza convocaba unha folga estudantil para este mércores 2 de outubro como culmen da súa campaña "O estudantado polo dereito á vivenda". 

En Pontevedra, ademáis, concentráronse na Praza da Peregrina ao mediodía.

Segundo estiman os convocantes, nos centros públicos da cidade de Pontevedra houbo un seguemento desta folga de preto do 80%.

Entre as súas reivindicacións están o aumento de prazas en residencias públicas estudantís, inexistentes na cidade de Pontevedra, a regulación dos prezos do aluguer ou a creación dunha bolsa de aluguer público para estudantes.

"Hoxe facemos un chamamento a toda a mocidade galega para que se organice e loite polos seus dereitos. A educación pública de calidade e o acceso á vivenda digna non son privilexios, son dereitos polos que cómpre loitar. Non imos permitir que nos neguen un futuro digno", defendeu Alba Quiroga, responsable de Erguer na comarca de Pontevedra, encargada de ler o manifesto da organización na cidade do Lérez.