'Equipo Ja', 'Val do Lérez', 'PTV', 'Leña Verde' e 'Jana de Leria', na final das Murgas 2018

Pontevedra
15 de febreiro 2018

O  XXVII Concurso de Murgas encara este Entroido xa a súa recta final tras vivir as dúas primeiras eliminatorias no Pazo da Cultura. Na eliminatoria deste mércores actuaron 'El Nacimiento de los  PTV', 'Equipo  Ja', 'Leña Verde' e 'Jana de  Leria'. Os afeccionados volveron facer cola varias horas 

Segunda eliminatoria do XXVII Concurso de Murgas / Diego Torrado

O XXVII Concurso de Murgas encara este Entroido xa a súa recta final tras vivir as dúas primeiras eliminatorias no Pazo da Cultura. Este xoves está prevista a gran final, na que o xurado decidiu que estarán as comparsas 'Equipo Ja', ' Val do Lérez', 'El Nacimiento de los PTV', 'Leña Verde' e ' Jana de Leria'.

O xurado tomou a decisión de que estas cinco cheguen á final prevista para as 21.00 horas deste xoves no Pazo da Cultura tras dúas eliminatorias nas que o concurso tivo igual éxito e reclamo para o público pontevedrés. 

Este mércores, na segunda, os afeccionados a esta cita co Entroido pontevedrés volveron facer cola como ocorrera o luns. Desde varias horas antes, esperaban a que abrisen as portas para poder facerse cun dos prezados asentos que permiten gozar do espectáculo. Quen queda sen ese oco, debe probar sorte de novo ao día seguinte. 

Na eliminatoria deste mércores actuaron 'El Nacimiento de los PTV', 'Equipo Ja', 'Leña Verde' e ' Jana de Leria' e na primeira eliminatoria do luns fixérano 'Os de Noalla', ' Val do Lérez. E agora que?', 'Murga do Naveiro. 50 cuquis de Brey' e ' Tropa de Moncha A Caralla', do Grove.

Como xa ocorreu coa xornada do luns, PontevedraViva recolle en fotografías e vídeo un repaso a esa primeira noite de Murgas, que tamén poderá seguirse íntegra en PontevedraVivaRadio

Arquivado en