Envolturas de repolo con luras ao allo Pescamar

Pontevedra
03 de xuño 2023

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita na que imos aproveitar todos os beneficios que nos ofrecen as luras, caracterizadas pola súa achega en proteínas de gran calidade

Envolturas de repolo
Envolturas de repolo / Foto de azerbaijan_stockersa en Freepik

Chegamos a unha nova entrega de"A cociña gourmet en conserva" cunha presentación moi orixinal que combina campo e mar. Por unha banda, unha das verduras máis apreciadas en Galicia, o repolo, e por outra, as luras ao allo de Conservas Pescamar.

Desde un punto de vista nutricional, a lura destaca polo seu contido en proteínas de gran calidade, ademais de ser baixas en graxas e calorías.

Para preparar unhas deliciosas Envolturas de repolo con luras ao allo Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 repolo

- 2 latas de luras ao allo Pescamar

- 300 g de gambas peladas

- 2 dentes de allo

- 1 chile

- 1 poliña de romeu

- 1 cullerada de pirixel

- Aceite de oliva virxe extra

- Sal

- Salsa de tomate

Preparación:

Lavamos o repolo e apartamos as follas que vaiamos utilizar. Poñemos ao vapor e cando empecen a abrandarse, retirámolas e deixamos arrefriar. Reservamos.

Poñemos noutra tixola un chorro de aceite de oliva e pasamos a lume medio os dous dentes de allo cortados en láminas finas co chile. Cando empecen a facerse, engadimos un pouco de romeu e pirixel picado e as gambas previamente cortadas en anacos. A lume lento, removemos constantemente ata que as gambas estean feitas. Botámoslle un chisco de sal. Reservamos a preparación nun prato aparte, retiramos o chile e deixamos a tixola co aceite sobrante para usala no paso final.

Cortamos as follas do repolo ao longo para formar tiras anchas. Usaremos dúas tiras por cada paquete, colocándoas en forma de cruz. No centro, poñeremos unha cullerada de salsa de tomate, unha cullerada do preparado de gambas ao allo e outra cullerada de luras ao allo Pescamar. Dobramos os extremos das tiras de repolo para formar os paquetiños. Procedemos da mesma maneira ata acabar todos os ingredientes.

Tomamos a tixola na que preparamos as gambas ao allo e aproveitamos o aceite sobrante para pasar volta e volta os paquetiños ata que se douren polos dous lados e queden selados.

Empratamos nunha bandexa de servir na que colocamos as envolturas de repolo unha ao lado de outra e vertemos por riba un pouco do mollo das luras ao allo Pescamar e un chisco de pirixel picado.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.