O entorno do CEIP Carballal xa é máis seguro

Marín
23 de outubro 2024

Actuouse sobre un total de 3.200 metros cadrados de superficie, creando un novo itinerario peonil de acceso ao centro escolar

Itinerario peonil no entorno do CEIP Carballal
Itinerario peonil no entorno do CEIP Carballal / Concello de Marín

Máis seguridade viaria e unha mellor distribución do espazo urbano.

Iso foi o que se conseguiu co proxecto de repavimentación e mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP Carballal, executado por COVISA e que xa está rematado.

Actuouse sobre 3.200 metros cuadrados de superficie, creando un itinerario peonil de acceso ao centro escolar, polo que se mellorou significativamente a seguridade dos nenos que acuden.

Tamén se rehabilitou o pavimento do firme da vía, colocáronse redutores de velocidade en puntos estratéxicos que contribúen ao calmado de tráfico no entorno do centro.

Ademais, renovouse a sinalización, tanto horizontal como vertical, e se realizou unha limpeza e roza das marxes e das cunetas.

A inversión realizada foi de 53.240 euros.

Desta contía, o 65% foi financiado a través de dúas baixas do Plan Concellos 2022 e do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra, sendo o resto aportado polos fondos propios do Concello.

VISITA A FINLANDIA

Por outra banda, o profesorado do CEIP Plurilingüe da Laxe e o CEIP Ardán xunto con asesores do CFR de Pontevedra visitaron en Finlandia o colexio Jyväskylä Christian School, a través do programa Observa-Acción da Consellería de Educación.

O obxectivo do programa é mellorar as competencias docentes mediante o coñecemento do seu sistema educativo, a súa metodoloxía e as súas características culturais.

Esta visita é coordinada polo Centro de Formación de Recursos (CFR) de Pontevedra.