Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita coa que imos aproveitar todos os beneficios da cabala, un dos peixes azuis máis apreciados pola súa graxa e a súa achega en Omega 3.
Para preparar unha deliciosa Ensalada de tomates e noces con filetes de cabala Pescamar usaremos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar
- ½ cebola
- 1 aguacate
- 1 tomate
- 100 g de noces picadas
- follas de albáfega
- 1 culler de coandro fresco picado
- aceite de oliva
- vinagre de Módena
- sal e pementa
Preparación:
Cortamos en anacos pequenos a cebola e en dados o tomate e o aguacate.
Colocamos estes ingredientes nun recipiente e engadimos as noces picadas, os Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar emiuzados, as follas albáfega e o coandro. Removemos.
Agregamos o sal, a pementa e o aceite de oliva. Mesturamos de novo.
Colocamos nunha ensaladeira. Por riba, verteremos o vinagre de Módena e unha parte do aceite das latas de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar. Así mesmo, decoramos cunhas follas de albáfega ou de coandro que nos sobrasen.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.