Ensalada de garavanzos e ventrecha de bonito do norte Pescamar

Pontevedra
17 de xuño 2023

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha ensalada cun dos produtos máis apreciados da gama gourmet de Conservas Pescamar: a ventrecha de bonito do norte

Ensalada de garavanzos
Ensalada de garavanzos

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva"  imos elaborar unha ensalada cun dos produtos máis apreciados da gama gourmet de Conservas Pescamar: a ventrecha de bonito do norte.

A parte do bonito do norte máis exquisita e valorada pola alta cociña é a ventrecha. Recibe o seu nome por atoparse na zona do ventre do bonito, onde se concentran proteínas de alto valor biolóxico e ácidos graxos saudables.

Para preparar unha deliciosa Ensalada de garavanzos e ventrecha de bonito do norte Pescamar usaremos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de ventrecha de bonito do norte gourmet Pescamar

- 300 g de garavanzos cocidos

- ½ cebola

- 1 aguacate

- 1 tomate

- follas tenras de espinacas

- 1 culler de coandro fresco picado

- aceite de oliva

- vinagre de viño branco

- sal e pementa

Preparación:

Cortamos en anacos pequenos a cebola e en dados o tomate e o aguacate.

Colocamos estes ingredientes nun recipiente e engadimos os garavanzos, a ventrecha de bonito do norte gourmet Pescamar, as follas tenras de espinacas e o coandro. Removemos. 

Agregamos o sal, a pementa, o aceite de oliva e o vinagre. Mesturamos de novo.

Servimos nun bol para ensaladas, sobre o que podemos verter unha parte do aceite das latas de ventrecha de bonito do norte gourmet Pescamar e colocar unhas follas de espinacas ou de coandro que nos sobraran.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.