Con 14 votos a favor, dous en contra e unha abstención, a Xunta da Escola da Enxeñaría Forestal deu nesta xornada o seu apoio a Enrique Valero para que continúe tres anos máis como director e dea inicio a súa cuarta etapa á fronte do centro do campus de Pontevedra.
A candidatura que completan os docentes Ángeles Cancela como subdirectora e Juan Picos como secretario obtivo un apoio superior ao 80% nunha votación na que participaron dos 17 dos 26 representantes do persoal docente e investigador, alumnado e persoal de administración e servizos que integran a Xunta de Escola.
Entre os obxectivos do novo mandato, destaca potenciar os vínculos coas diferentes administracións.