A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia celebraron este luns 25 de maio o seu quinto Encontro Dixital do ciclo Reinicia Pontevedra. Neste programa de relanzamento empresarial ofrécense gratuitamente a autónomos e pemes asesoramentos personalizados para 25 negocios e 7 encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.
Baixo o título "Novas ideas de imaxe, publicidade e márketing", neste coloquio interviron os autónomos Cany Juncal, experta en escaparatismo e imaxe de comercios; o ponente e coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga, consultor de Ventas e Márketing e director de CIMAK Consultores en Pontevedra; e o veterinario de Pontevedra Alberto Silva, presidente de la Asociación Empresarial Veterinaria Galega, quen destacou a importancia de que as medidas de seguridade nos establecementos abertos ao público se respecten e se integren como un beneficio para os clientes.
Por parte do Plan Impulsa, promovido pola a Concellería de Promoción Económica de Pontevedra, participou a súa directora, Mariem Filgueira, quen expuxo as características do programa que ofrecerá asesoramento personalizado a 15 empresas de Pontevedra para a súa consolidación e mellora en aspectos estratéxicos e operativos.
Os expertos compartiron coloquio con máis de 30 autónomos e pemes que se conectaron a este quinto encontro dixital. A vindeira sesión será o xoves 28 maio baixo o título "Estratexia de comunicación dixital e física" e a última deste ciclo o 1 de xuño, onde se tratará o tema "Estratexia dixital. Evita erros e rendibiliza a inversión". Ámbolos dous serán en horario de 15:30 a 16:30 horas, por ser unha hora especialmente compatible para o maior número de sectores, según indican desde la organización.
O programa continuará máis alá destes encontros grupais con 25 asesoramentos individuais gratuítos co obxectivo de enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado e o plan de relanzamento. Neste asesoramento poderanse compartir 2 videoconferencias, de 1 hora cada unha, con expertos en xestión empresarial.
Desde APE Galicia lembran a todos aqueles autónomos que queiran participar nas dúas sesións que restan, así como nos asesoramentos individuais, que aínda quedan prazas. Toda a información está dispoñible na web www.encontrosapegalicia.es ou no teléfono 697 195 540.