Ence actualizou o seu Plan de Descarbonización incrementando o nivel de redución das emisións de alcance 1 e 2 para 2035.
O Protocolo GHG é o máis utilizado para medir a pegada de carbono. Este método separa as emisións de gases en tres alcances. O alcance 1 corresponde ás emisións directas polo consumo de combustibles, o alcance 2 inclúe emisións indirectas pola enerxía comprada e o alcance 3 agrupa ao resto de emisións indirectas na cadea de valor.
A mellora das ratios no Plan de Descarbonización de ENCE apóiase en proxectos como o Plan Pontevedra Avanza.
Esta estratexia, segundo detalla a compañía pasteira, incorpora medidas adicionais de redución de emisións que permitirán incrementar o nivel de substitución de fuel do forno de cal de Pontevedra até un 60%.
Ence prevé investir 120 millóns na planta de Lourizán, segundo anunciou o presidente da compañía, Ignacio Colmenares, na xunta xeral de accionistas de abril do pasado ano cando deu conta do proxecto 'Pontevedra Avanza', que non supón unha ampliación, senón unha "mellora integral" das instalacións.
"Grazas a estas melloras, reducirase o consumo de madeira e auga para producir as mesmas toneladas de celulosa", reivindicou a firma.