ENCE reduce a súa producción pola seca

Pontevedra
14 de outubro 2017

A dirección da fábrica de Lourizán anunciou este sábado a súa decisión de ralentizar o ritmo de produción mentres dure a actual situación climatolóxica, "para contribuír a paliar o impacto da seca que afecta dende hai meses a Pontevedra"

Chemineas da fábrica de Ence
Chemineas da fábrica de Ence / Mónica Patxot

A fábrica de Ence en Pontevedra reduce a súa produción para contribuír a mitigar o impacto da seca.

A dirección da fábrica de Lourizán anunciou este sábado a súa decisión de ralentizar o ritmo de produción mentres dure a actual situación climatolóxica, "para contribuír a paliar o impacto da seca que afecta dende hai meses a Pontevedra".

A compañía di ter adoptado esta medida "seguindo a súa política de compromiso coa contorna e o medio ambiente, que constitúe unha das prioridades do seu sistema de xestión".

A redución da produción da fábrica xunto ás medidas de aforro adoptadas por Ence hai semanas permitirá diminuír o seu consumo de auga nun 20%.

Nun comunicado a compañía pasteira asegura que "Ence non malgasta a auga e busca minimizar permanentemente o seu consumo". Para iso, aplica "as mellores prácticas e tecnoloxías dispoñibles, como proba a redución de máis dun 50% no últimos 25 anos".

Ademais, a compañía prevé a instalación dunha nova e avanzada depuradora que permitirá diminuír nun 90% o consumo de auga na produción de celulosa.

Arquivado en