ENCE non ten "ningún temor" aos recursos xudiciais e anuncia que tentará "convencer" aos críticos

Pontevedra
27 de xaneiro 2016

Arroupado por un nutrido grupo de traballadores, empresarios, representantes da patronal pontevedresa e do sector forestal, sindicalistas e veciños de Lourizán, o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra compareceu en rolda de prensa para expresar a "alegría y gran satisfacción" que supuxo a concesión por parte do Goberno en funcións dunha prórroga de 60 anos para que a fábrica permaneza en Lourizán

Presentación da prórroga de Ence
Presentación da prórroga de Ence / Mónica Patxot

Arroupado por un nutrido grupo de traballadores, empresarios, representantes da patronal pontevedresa e do sector forestal, sindicalistas e veciños de Lourizán, o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra compareceu en rolda de prensa para expresar a "alegría e gran satisfacción" que supuxo a concesión por parte do Goberno en funcións dunha prórroga de 60 anos para que a fábrica permaneza en Lourizán.

Unha concesión que implica o pago dun canon anual de máis de millón e medio de euros.

Ante a anunciada fronte de recursos xudiciais en contra da concesión da prórroga, o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra sinalou que a decisión do Goberno é "firme" polo que non teñen "temor ninguno" aos posibles recursos xa que "estamos segurísimos de que tenemos la razón" porque tiveron que demostrar "muchísimas veces" que cumpren todos os requisitos para que se conceda a prórroga.

"No es un acto administrativo graciable, que dependa de que alguien diga que sí o que no, o se cumplen los requisitos o no se cumplen", dixo Antonio Casal.

"Estamos seguros de que cualquier decisión en este sentido va a ser a nuestro favor", engadiu o director de Ence Pontevedra.

DIVISIÓN NA SOCIEDADE PONTEVEDRESA

O director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra referiuse á división que a prórroga da fábrica de celulosas xerou entre a sociedade pontevedresa entre quen está a favor ou en contra.

"Nosotros con nuestro trabajo, día a día, mostrando nuestro trabajo y dando resultados de mejora, de creación de riqueza intentaremos convencer a todas esas personas", que son críticas coa continuidade da pasteira na Ría.

"Le puedo asegurar que vamos a hacer lo mejor que esté en nuestras manos para convencer a todas estas personas", engadiu Casal.

AGRADECEMENTO

Antonio Casal reiterou o agradecemento a "todos los que somos la familia de Ence" polo apoio mostrado durante a "travesía del desierto", como denominou ao proceso iniciado coa solicitude da prórroga hai dous anos, e tamén deu grazas por conseguir esta continuidade que traduciu como unha "seguridad en los puestos de trabajo y en la generación de riqueza".

A prórroga é para o director da fábrica "una oportunidad" de ser unha empresa que "lidere la bioeconomía como una apuesta por el medioambiente y por el futuro de Pontevedra y su comarca". Algo que "redundará de forma significativa en el empleo".

Esta "etapa ilusionante" que agora empeza, segundo Antonio Casal, servirá para construír "una nueva Ence" con investimentos que a farán máis competitiva. Serán 61 millóns de euros en investimento "en los próximos años" para "seguir mejorando" construíndo este novo proxecto "entre todos".

Entre os investimentos comprometidos, cita os 30,2 millóns de euros que destinará a unha mellora da eficiencia da fábrica, outros 15 millóns na instalación dun novo ciclo da auga, 12 millóns na eliminación de cheiros, de ruídos e de vapores, e 4 millóns para o proxecto de integración paisaxística que minimice o impacto visual na ría de Pontevedra.

Aínda que a "inmensa mayoría" destes proxectos están amparados pola incidencia supramunicipal que rexe sobre os terreos que ocupa Ence, Antonio Casal sinalou que os servizos xurídicos da compañía pasteira están a estudar a situación pero el cre que "ninguna administración va a negar a alguien un permiso para invertir con todo lo que eso genera, en puestos de trabajo y mejoras de empleo y medio ambiente".

BIOMASA

O grupo papeleiro e enerxético ten tamén unha concesión do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo para construír unha planta de biomasa 40 MW para a que  aínda non ten un emprazamento, aínda que Antonio Casal considera que Pontevedra sería o lugar idóneo, entre outras razóns, pola sinerxias que se crearían ao aproveitar a importante dispoñibilidade de biomasa forestal e agrícola da contorna.

Así dixo que o apoio das administracións públicas será "fundamental" á hora de elixir unha localización.

MAN TENDIDA COAS ADMINISTRACIÓNS

O director de Ence anunciou por último que se manterán reunións con asociacións de veciños, clubs deportivos, empresas, co convencemento de que celulosas "tiene que estar integrada en la sociedad pontevedresa". Esta man tendida esténdese ás institucións públicas"estamos deseosos de colaborar con todas las administraciones" como "un socio más que dispuesto".

Arquivado en