Ence mantén o desenvolvemento de todos os proxectos de investimento comprometidos en Galicia

Pontevedra
17 de xuño 2016

Entre estes proxectos cóntase a instalación dunha planta de xeración de biomasa de baixa emisión en Lourizán

Escaparate con publicidade de Ence
Escaparate con publicidade de Ence / PontevedraViva

A empresa Ence emitiu un comunicado no que sinala que seguen a traballar no desenvolvemento dos proxectos de investimento anunciados en Galicia logo da prórroga da concesión da súa fábrica de Pontevedra.

Entre estes proxectos cóntase a instalación dunha planta de xeración de biomasa de baixa emisión en Lourizán.

O grupo pasteiro precisa que esta iniciativa "non é incompatible" co anuncio de investimento efectuado este xoves pola compañía de construción doutra planta de biomasa de baixa emisión en Huelva.

A instalación de Huelva supoñerá ata 80 millóns de euros de investimento e xeraría ao redor de 30 empregos directos, que se suman aos 50 que xa mantén nas dúas plantas de biomasa que funcionan en Huelva e que suman 90 Mw.

A final de 2014 Ence clausurou a súa actividade de produción de celulosa no complexo que ten en San Juan del Puerto e prescindiu de 300 traballadores, polo que considera que coa construcción dunha planta de biomasa reverte así en parte o efecto desa decisión.

Por outra banda, Ence continúa co que denomina "accións de comunicación" na cidade de Lérez, neste caso ocupando as cristaleiras de algúns locais baleiros do centro urbano.

Arquivado en