"ENCE está en pie de guerra. Lo vamos a dar todo en las calles"

Pontevedra
16 de xullo 2021

Os traballadores de ENCE protagonizaron este venres unha manifestación polas rúas da cidade, asegurando estar "en pie de guerra" tras a sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga da pasteira

Manifestación dos traballadores de Ence por Pontevedra tras a sentenza da Audiencia Nacional
Manifestación dos traballadores de Ence por Pontevedra tras a sentenza da Audiencia Nacional /

Os traballadores de ENCE protagonizaron este venres unha manifestación polas rúas da cidade, asegurando estar "en pie de guerra" tras a sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga da pasteira concedida en 2016 por un goberno en funcións e que se prolongaba ata o ano 2073.

"Lo vamos a dar todo en las calles", advertiron nunha marcha que estaba convocada previamente á comunicación de senténciaa pero que cobrou maior importancia para reclamar a continuidade da fábrica en Lourizán mantendo os postos de traballo.

"Estamos cabreados y tememos por nuestros puestos de trabajo y por el futuro de nuestras familias", sinalou antes de iniciar a marcha a presidenta do comité de empresa das oficinas de Ence en Pontevedra, Ana Cedeira, recoñecendo que "es un día complicado" polo que supuxo para eles o golpe da sentenza. Iso si "no está todo perdido", afirmou asegurando que recorrerán a sentenza "y llegaremos hasta donde haga falta".

Ao redor dun milleiro de persoas segundo a Policía Nacional, na súa maioría traballadores da fábrica e vestidos con chalecos amarelos, partiron desde a rúa Rafael Areses con media hora de atraso sobre o horario previsto para percorrer parte do centro urbano ata terminar na Praza de España, fronte ao edificio institucional do Concello e coa Subdelegación do Goberno a un costado. 

"La postura está clara y es que somos conscientes de que el traslado no es viable", reiterou a portavoz do persoal entendendo que "no hay alternativa" noutra localización entre outras cousas polo custo inasumible para a empresa.

Aínda que defenden estar "abertos al diálogo", Cedeira defendeu que "Ence se tiene que quedar donde está" e que "iremos a Madrid o donde haga falta para pelear por ello", sinalando como máximo culpable da situación a un alcalde de Pontevedra ao que "se le van a quitar las ganas de decir públicamente las barbaridades que está diciendo".

A manifestación prolongouse por espazo dunha hora concluíndo coa lectura dun manifesto, o cántico de consignas e a tirada dalgúns petardos á súa chegada á Praza de España.

Arquivado en