Ence entrega axudas a 28 entidades que loitan contra a exclusión social

Pontevedra
02 de xuño 2017

Entidades que loitan contra a exclusión social foron as primeiras en recibir as axudas sociais concedidas pola empresa Ence, tres millóns de euros anuais incluídos no pacto ambiental asinado coa Xunta de Galicia tras obter a prórroga para continuar coa súa actividade industrial na ría de Pontevedra

Entrega das axudas de Ence a colectivos de loitan contra a exclusión social (arquivo)
Entrega das axudas de Ence a colectivos de loitan contra a exclusión social (arquivo) / Ence Pontevedra

Entidades que loitan contra a exclusión social foron as primeiras en recibir as axudas sociais concedidas pola empresa Ence, tres millóns de euros anuais incluídos no pacto ambiental asinado coa Xunta de Galicia tras obter a prórroga para continuar coa súa actividade industrial na ría de Pontevedra.

En concreto, seleccionáronse 28 proxectos sociais nesta primeira convocatoria. Recibiron, en total, uns 500.000 euros.

Os proxectos seleccionados abarcan desde entidades que traballan por mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por algunha enfermidade e os seus coidados, iniciativas que fomentan a integración social de afectados por alcoholismo ou drogadicción ou asociacións que atenden aos colectivos máis necesitados.

O director de Ence Pontevedra, Antonio Casal, destacou que os fondos que Ence destina a estes programas supón unha contribución "sen precedentes" en Pontevedra para paliar os efectos da pobreza, a enfermidade, a discapacidade e outras "causas severas" en materia de exclusión social.

"Imos poñer todo o noso empeño e nosa maior ilusión axudar a mellorar as condicións de vida dos nosos veciños", engadiu Casal, que presidiu a firma destes convenios nun acto celebrado no interior do complexo industrial de Lourizán.

PROXECTOS SELECCIONADOS

Para a análise e selección de todos os proxectos, Ence contou coa consultora Ernst and Young, que levou a cabo un "completo e detallado labor" para elixir as iniciativas máis adecuadas "ao noso compromiso coa contorna social" da fábrica de Pontevedra, segundo sinalaron desde a dirección da empresa pasteira.

Entre os beneficiarios destas axudas atópanse, entre outros, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAPO), a Asociación Española contra o Cancro, a Fundación Provincial Banco de Alimentos, Cáritas Interparroquial de Pontevedra, a Fundación Érguete, COGAMI ou a Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Pontevedra.

Tamén recibirán fondos a Asociación Xoán XXIII, a UNED, Rexurdir, a Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra, Amizade, a Asociación de Sor Elvira, Down Pontevedra Xuntos, a Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Pontevedra, a Asociación Alba, a Asociación Alento de dano cerebral ou diversas entidades relacionados coa atención á terceira idade e a colectivos en risco de exclusión.