Ence e Asefoga asinan un convenio que supoñerá un volume de negocio de case 300.000 euros a terceiros

Pontevedra
23 de outubro 2015

Ence e a Asociación Sectorial Forestal Galega subscribiron un convenio de compra-venda de doce mil toneladas de madeira durante o próximo ano. A pasteira estima que o acordo levará un volume de negocio a outros sectores que superará os 300.000 euros 

Bosque de eucaliptos
Bosque de eucaliptos / Mónica Patxot

A empresa Ence e a Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga) subscribiron un convenio polo que o colectivo madeireiro venderá ata doce mil toneladas de madeira  de eucalipto á pasteira, ao longo do próximo ano.

Segundo o acordo subscrito, o prezo de compra da madeira se indexará cada tres meses co prezo da pasta de celulosa. Isto permite aos produtores compartir beneficios coa empresa se o prezo da pasta sobe mentres o contrato estea en vigor. Ademais prima aos produtores pola xestión sustentable da madeira, polas plantacións que teñan dobre certificación, ó para a constitución de cotos redondos de propietarios ó traballos conxuntos. En ambos entre parcelas colidantes e se superan as mil toneladas.

Desde 2011 Ence favorece as relacións directas cos produtores de madeira; ben mediante compra-venda da produción, ó colaborando na sustentabilidade dos cultivos e en melloras en silvicultura. 

Este tipo de convenios supoñen beneficios a outros sectores como o do transporte e o aproveitamento. Neste caso, as doce  mil toneladas de madeira que venderá Asefoga a Ence xerarán nos próximos meses un volume de negocio de máis de 150.000 euros para as empresas de aproveitamento forestal e uns 120.000 euros no transporte.