Ence desmárcase do Pazo de Lourizán e alerta de que Pontevedra perde un centro de referencia mundial

Pontevedra
14 de febreiro 2017

A empresa sinala que queria destinar 5 millóns de euros á rehabilitación do edificio e impulsar un centro de I+D forestal e de bioenerxía do mundo. A Asociación de Jóvenes Empresarios agarda que o tema se resolva no encontro entre Núñez Feijóo e Carmela Silva

Pazo de Lourizán
Pazo de Lourizán / Juan Mejuto

Ence emitiu un comunicado para manifestar a súa postura respecto da polémica que xurdiu en relación co futuro do Pazo de Lourizán polo que se cruzaron declaracións entre o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera

No escrito, a empresa pasteira indica que a súa intención foi destinar 5 millóns de euros á rehabilitación do Pazo de Lourizán e a impulsar o que sería, segundo a dirección de Ence, un dos máis avanzados centros de I+D forestal e de bioenerxía no mundo.

Sinalan que a empresa "en ningún momento" solicitou instalarse no Pazo de Lourizán, que se atopa ocupado na actualidade polo Centro de Investigacións Forestais e por un laboratorio da consellería de Medio Ambiente. Ambos os organismos serían fundamentais para o proxecto de I+D forestal, segundo a pasteira.

A empresa de Juan Luís Arregui entende que a comarca de Pontevedra perdeu unha oportunidade de dotarse dun centro de referencia en España e tamén mundial no terreo da investigación forestal e de modernización da economía de Pontevedra.

AJE APOIA ACORDO ENTRE XUNTA E ENCE

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) tamén emitiu un escrito desexando que o novo centro de desenvolvemento e investigación forestal instálese na cidade. O colectivo que preside Lucía Pedroso "non perde a fe" á resolución satisfactoria desta polémica na reunión da presidenta da Deputación, Carmela Silva e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o próximo 27 de febreiro.

Os novos empresarios cren que este centro en Lourizán contribuiría á creación de máis de 750 novos postos de traballo sustentables, entre directos e indirectos, tanto no emprazamento definitivo como nas comarcas de recollida da biomasa agrícola e forestal. Ademais, sinalan, durante a fase de construción daríase emprego a máis de 300 persoas.