Ence contribúe á loita contra a exclusión social en Pontevedra

Pontevedra
01 de febreiro 2021

A compañía, a través das súas tres edicións do Plan Social, investiu un total de 9 millóns de euros, impulsando máis de 800 iniciativas diferentes, moitas das cales seguen desenvolvéndose. No caso da loita contra a exclusión social, 98 proxectos foron destinatarios do Plan Social de Ence que, en conxunto, recibiron máis de 1,5 millóns de euros

Fábrica de Ence Pontevedra
Fábrica de Ence Pontevedra /

A contribución de Ence en Pontevedra e a súa contorna vai moito máis alá da creación de emprego e riqueza xerada pola actividade diaria na súa biofábrica. A compañía, a través das súas tres edicións do Plan Social, investiu un total de 9 millóns de euros (3 millóns anuais), impulsando máis de 800 iniciativas diferentes, moitas das cales seguen desenvolvéndose.

O Plan inclúe o financiamento de proxectos presentados por entidades de ámbito social que traballan pola integración e a igualdade de oportunidades, mellorando as condicións dos máis desfavorecidos.

Dentro deste ámbito, a Asociación Xoán XXIII foi beneficiaria nas tres convocatorias celebradas do Plan Social, nas que Ence contribuíu sumando un total de 160.000 euros, para a construción da Residencia e Centro de día Xoán XXIII, un proxecto ambicioso que se empezou a poñer en marcha no ano 2017 co inicio dos traballos en dúas parcelas contiguas ao actual centro de día situado na rúa Eduardo Branco Amor.

Desde o colectivo explican que o obxectivo final das novas instalacións é "dar resposta ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual e que contribúa a mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias". Este proxecto habilita un total de 24 prazas residenciais e a día de hoxe, xa contan con máis demanda que oferta propia para o centro de día. Xoán XXIII destaca o "apoio incondicional" e a importancia da achega económica de Ence para poder levar a cabo o proxecto.

A través desta iniciativa, quérese responder ás necesidades dos familiares con persoas con discapacidade, mediante distintas actividades: a estimulación cognitiva das persoas, a mellora do coidado persoal, axuda a través de fisioterapeutas, entre outras.

Debido ao impacto da Covid 19, este ano adaptáronse os prazos do Plan Social e boa parte dos proxectos seleccionados segue en marcha. Este é o caso do proxecto 'Quérete Máis', da Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Rías Baixas, centrado no asesoramento, a información e o apoio psicolóxico a mulleres en situación de desigualdade e discriminación.

Ence destinou máis de 1,5 millóns de euros a 98 proxectos de loita contra a exclusión social a través do seu Plan Social

Só algúns exemplos dos 98 proxectos de loita contra a exclusión social que foron destinatarios do Plan Social de Ence e que, en conxunto, recibiron máis de 1,5 millóns de euros, desde a posta en marcha do mesmo.

Doutra banda, é de destacar o apoio do Plan Social de Ence Pontevedra a empresas, clubs, entidades e colectivos especialmente sensibles, garantindo a súa continuidade e supervivencia, e sostendo así a creación de emprego e xeración de riqueza, esenciais para a economía local.

Para Ence é prioritaria a sustentabilidade, desde o punto de vista social e tamén ambiental. O respecto polo medioambiente e pola contorna son eixos estratéxicos para a compañía, que foi recoñecida coa Distinción de Ouro da Comisión Europea, pola súa mellora ambiental, a ecoetiqueta Nordic Swan, selo ecolóxico dos gobernos escandinavos, e o certificado AENOR Residuo Cero, que acredita a Ence Pontevedra como unha organización que leva a cabo unha xestión eficiente dos seus residuos, logrando valorizar o 99,1%. Ademais Ence traballa para inculcar esta cultura da sustentabilidade á súa contorna.

Arquivado en