Ence asegura que reduciu o consumo de auga por debaixo do nível marcado pola Xunta

Pontevedra
20 de novembro 2017

Segundo manifesta a dirección da empresa pasteira, a fábrica de Lourizán é a factoría europea do sector con menor consumo de auga por tonelada de celulosa producida

Ence
Ence

Augas de Galicia reclamou á dirección de Ence-Pontevedra que reducira a captación de auga do río Lérez ante a situación de seca que se está sufrindo nas Rías Baixas e, en concreto, no municipio da capital. Segundo manifesta a dirección, as medidas de aforro introducidas permitiron rebaixar a captación por baixo dese nivel establecido pola Administración Hidráulica de Galicia, dependente da Xunta.

A empresa pasteira afirma que realizou novos axustes nos seus procesos de produción que se engaden a outras medidas de aforro que a fábrica leva acometendo desde agosto para reducir os efectos da seca.

Ence-Pontevedra indica que nos últimos 30 anos rebaixou o consumo de auga na produción de celulosa nun 79% e en preto dun 50% ao longo dos últimos 25 anos. Esta diminución do uso da auga débese, sempre segundo a empresa, á implantación de mellores prácticas e tecnoloxías, "logrando aforros moi superiores a calquera outra entidade ou institución pública".

A empresa quere limitar o seu consumo de auga cunha redución de ata o 90% pero insiste en que para poder levar a cabo este proceso necesita unha nova depuradora. Desde a entidade cúlpase ao Concello de Pontevedra de opoñerse á modernización das instalacións de Lourizán e á mellora dos parámetros ambientais. 

Arquivado en