ENCE anuncia que se pecha en Pontevedra "no invertiremos en Galicia, nos iremos fuera de España"

Pontevedra
28 de marzo 2019

O conselleiro delegado de ENCE, Ignacio de Colmenares, dixo que se pecha a fábrica de Pontevedra "haremos algo con criterio económico" e explicou que "la madera y la mano de obra de Galicia no es la más barata" polo que se deslocalizaría a fábrica fóra da comunidade galega

Xunta xeral de accionistas de ENCE
Xunta xeral de accionistas de ENCE / PontevedraViva

O conselleiro delegado de ENCE, Ignacio de Colmenares, respondeu de maneira tallante á Xunta Xeral de Accionistas. Se pecha a fábrica de Pontevedra "no invertiremos en Galicia, nos iremos fuera de España".

Con esta rotundidade respondía á pregunta dun dos accionistas que se interesaba por saber cal é o plan do Consello de Administración da compañía "si en el peor de los casos se anula la concesión" que é o que se faría coa capacidade de produción "¿se trasladaría a Navia o se haría una nueva fábrica?".

A resposta de Colmenares foi que "haremos algo con criterio económico" e explicou que "la madera y la mano de obra de Galicia no es la más barata" polo que se deslocalizaría a fábrica fóra da comunidade galega.

Respecto á situación actual ante a xustiza, o conselleiro delegado de Ence afirmou que a compañía seguirá defendendo os seus dereitos. "Haremos ver que la biofábrica de Pontevedra es un activo de Ence y también de toda Galicia. Son recursos e ingresos imprescindibles para el futuro de más de 5.000 familias", declarou. 

En relación ao achantamento da Dirección Xeral de Costas sobre a concesión de Ence-Pontevedra, Ignacio Colmenares, recalcou que "estamos convencidos de que la razón jurídica nos asiste, pero también tenemos la razón social". O conselleiro delegado precisou que a planta dispón dun persoal fixo de 400 empregados, aos que se unen 2.700 postos de traballo de contratistas da área industrial, loxística e do transporte, así como máis 2.100 empregos no sector forestal de Galicia. 

Na xunta de accionistas explicaron que en xaneiro deste ano, e antes do mencionado achantamento, a Audiencia Nacional ditou sentenza desestimando integramente o recurso interposto contra a caducidade parcial e condenando ao Concello de Pontevedra a pagar as costas, sentenza que confirma a solidez da posición xurídica e os argumentos de Ence. 

RESPONSABILIDADES PERSOAIS

Este xoves, Ence acordou autorizar ao conselleiro delegado e ao secretario do consello para que se defenda "hasta las últimas instancias" o interese da sociedade, dos seus accionistas, traballadores e provedores, "incluyendo la exigencia de responsabilidad patrimonial al Estado" polos danos e prexuízos causados, e as "responsabilidades personales" que procedan.

Arquivado en