ENCE anuncia que incrementará a capacidade da fábrica de Pontevedra e reducirá os seus custos de produción

Pontevedra
19 de novembro 2015

O conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, explicou os detalles do plan estratéxico 2016-2020 remitido este xoves á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV)

Fábrica de Ence
Fábrica de Ence / Mónica Patxot

O conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, explicou os detalles do plan estratéxico 2016-2020 remitido este xoves á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Colmenares subliñou que para lograr una mellora dos resultados a firma levará a cabo un "ambicioso" plan de investimento que permitirá "incrementar a capacidade" das fábricas de celulosa, citando expresamente ao complexo industrial de Lourizán, onde anuncia que reducirán os "custos de produción" e aumentarán a xeración de enerxía renovable con biomasa.

As previsións deste Plan Estratéxico apuntan que Ence ten a certeza de que renovará a concesión para continuar coa súa fábrica na Ría de Pontevedra.

Este investimento persegue "consolidar a Ence como unha das compañías máis competitivas do seu sector no mundo", resaltou. A compañía, tamén sinala que estes investimentos "permitirán seguir avanzando na minimización do impacto ambiental" da fábrica de Pontevedra "mediante a aplicación das últimas tecnoloxías".

APERTURA DE NOVAS PLANTAS DE BIOMASA

No plan estratéxico de Ence anúnciase que a xeración de enerxía con biomasa tamén será un capítulo de investimento destacado. Neste sentido, Ence está a estudar a apertura de novas plantas de biomasa, aínda que non detalla ningunha localización.

O conselleiro delegado de Ence afirmou que a compañía "tamén está preparada para afrontar con éxito os retos da biorrefinería", sinalou Colmenares, quen destacou que a compañía xa está a estudar con detalle o funcionamento das plantas experimentais que converten lignina en biofuel e o desenvolvemento de produtos baseados na nanocelulosa.

Durante a duración do novo plan, Ence repartirá un "importante" dividendo anual acorde cos bos resultados esperados.

Do total de investimentos para o próximos cinco anos, Ence destinará 337 millóns de euros ao negocio de celulosa e outros 325 millóns ao negocio de enerxía.