ENCE acusa á APDR de ocultar "durante anos o verdadeiro problema das augas da ría"

Pontevedra
20 de marzo 2016

A pasteira escúdase nunha sentenza da Unión Europea que apunta á vertedura de augas fecais como orixe do problema de contaminación por coliformes na Ría de Pontevedra. ENCE ataca á Asociación Pola Defensa da Ría asegurando que "continuou relacionando a Ence coa presenza doscoliformes" a pesar dun fallo de 2014 da institución europea

Complexo industrial de ENCE-Elnosa en Lourizán
Complexo industrial de ENCE-Elnosa en Lourizán /

Unha recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea servíu a ENCE de pretexto para atacar duramente á Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), acusándoa de ocultar "desde hai anos á cidadanía a orixe dos problemas de contaminación da ría".

Segundo a pasteira, que se basea nas notas de prensa e publicacións de APDR na súa web entre 2006 e 2014, a asociación "só fixo unha denuncia pública centrada nas carencias estruturais da depuración das augas residuais urbanas na comarca".

En concreto, a empresa con sede en Lourizán contabiliza máis de 350 notas de prensa "pero só unha para os medios, no ano 2006, referiuse aos problemas estruturais de depuración condenados pola xustiza europea", ademais doutra nota de 2007 que condenaba a vertedura de augas residuais na ría.

Explica a pasteira que a Unión Europea apuntou en 2014 ás verteduras de augas fecais como a orixe do problema de contaminación por coliformes, pero a APDR "continuou relacionando a ENCE coa presenza dos coliformes", argumenta.

Por este motivo a multinacional sinala á asociación como "cómplice" desta situación e acúsaos de "desviar a atención".

Arquivado en