Este xoves tivo lugar unha reunión de traballo no Concello de Marín acerca das actuacións a realizar no Proxecto de Acuanorte e do Convenio asinado.
Atender as demandas formuladas polos veciños incrementará o custo da actuación entre un millón e medio e dous millóns de euros e ademais atrasa o inicio da obra ao próximo ano.
A alcaldesa, María Ramallo, destacou que eliminar as enormes afeccións do primeiro trazado tamén permitirá mellorar algúns viais e camiños públicos do rural. Este sobrecoste supoñerá parea as arcas municipais preto de 500.000 euros que se afrontarán con fondos propios e préstamos, que se concretarían en cada unha das tres anualidades en que se divide a súa cota.
A Sociedade na actualidade agrupouse con outras dúas paseándose a chamar ACUAES en lugar de Acuanorte, pero segue co mesmo plan de traballo relativo ás obras dos concellos da ría.
Isabel Pérez Espinosa, presidenta de ACUAES anunciou que no mes de xullo se terá unha reunión técnica cos responsables municipais para expoñer o proxecto e as melloras alcanzadas, sendo intención do equipo de goberno expoñelo ante os veciños antes de que se inicie a súa tramitación administrativa.