EN VIDEO: Leonor de Borbón xa é alumna distinguida, así foi o seu primeiro día na Escola Naval

Marín
31 de agosto 2024

A gardamarina de primeiro Leonor de Borbón e Ortiz participou nunha competición deportiva inter brigadas, que nesta ocasión gañou a terceira, na que está ela. Pola tarde, a Princesa de Asturias embarcouse para realizar a súa primeira saída á mar en instrución mariñeira

Primeiro día na Escola Naval da Princesa de Asturias
Primeiro día na Escola Naval da Princesa de Asturias / Casa Real

A Princesa de Asturias participou este venres nas actividades da Escola Naval de Marín. 

Á primeira hora da mañá, fíxoselle entrega da insignia como alumna distinguida, xunto a outros compañeiros. Trátase dun recoñecemento que se concede ao comezo do curso aos alumnos que cumprisen uns requisitos no ano anterior, relativos ás cualificacións obtidas, nota de instrución e adestramento ou ausencia de faltas disciplinarias. 

No caso de Leonor de Borbón a proposta de alumna distinguida procede da Academia Xeral Militar de Zaragoza, onde completou con éxito o curso pasado. 

A gardamarina de primeiro Leonor de Borbón e Ortiz tamén participou nunha competición deportiva inter brigadas, que nesta ocasión gañou a terceira, na que está ela. 

Pola tarde, a princesa Leonor embarcouse para realizar a súa primeira saída á mar en instrución mariñeira.

Por certo que o seu avó, o rei emérito, acudirá a unha competición en Sanxenxo o día 23 de setembro.

Está previsto que Juan Carlos de Borbón participe no campionato europeo da clase 6M, que se disputará na ría de Pontevedra do 30 de setembro ao 9 de outubro.