En setembro volverá celebrarse a concentración de motos en Baltar

Sanxenxo
28 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O Motoclub, Amigos da Moto de Sanxenxo, retoma a organización deste evento lúdico que está previsto para os días 6, 7 e 8 de setembro. Nesta 36 edición van celebrarse espectáculos, música, ruta moteira e agárdanse máis de 15.000 motos concentradas en Baltar

Concentración de motos en Baltar 2017
Concentración de motos en Baltar 2017 / Concello de Sanxenxo

A segunda fin de semana de setembro, os días 6, 7 e 8, Baltar volverá converterse no foco dos afeccionados ás motos en Galicia.

O Motoclub, Amigos da Moto de Sanxenxo, decidiu retomar a organización da concentración de motos na vila turística.

Esta 36 edición desenvolverase con numerosas actividades entre as que non faltarán espectáculos, música e a tradicional ruta moteira.

A organización espera superar as 15.000 motos.

Segundo indica o Concello de Sanxenxo, convocarase unha mesa de seguridade con presenza de representantes da Garda Civil, a Policía Local, o servizo municipal de Emerxencias, do goberno e da organización do evento.

O Motoclub foi fundado en 1986 por dous veciños do municipio afeccionados ás motos que decidiron montar unha concentración en Sanxenxo. Na primeira edición inscribíronse 300 persoas de toda España e, ao longo dos anos, o número de participantes foi aumentando ata situarse en 15.000.