En Pontevedra o Partido Popular e o Partido Socialista coincidiron en facer unha lectura do resultado das eleccións xerais deste domingo en clave de ENCE.
O presidente local do PP e candidato á Alcaldía da cidade do Lérez, Rafa Domínguez, afirmou que "no son unas buenas elecciones para el empleo en Pontevedra" e mostrouse convencido de que "a día de hoy está muchísimo más cerca el cierre de la empresa". Polo que conclúe que é un resultado "preocupante para todos".
Rafa Domínguez tamén destacou que o PP gañou na parroquia de Lourizán "y creo que ese es un dato para analizar".
Pola súa banda o candidato do PSOE á Alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández, indicou que "o presidente Pedro Sánchez xa mostrou que non lle treme o pulso á hora de loitar por unha sociedade máis xusta, igualitaria, feminista, diversa e con memoria... E en Pontevedra, nós tamén deixamos ben claro que non nos intimidan, nin as tres ultradereitas nin os poderes empresariais", subliña Tino Fernández.
O candidato do PSOE está convencido de que o próximo 26 M a cidadanía de Pontevedra "encheremos as urnas de puños e de rosas" porque "Pontevedra non é escrava de políticos reaccionarios nin dos intereses de grandes grupos empresariais. Pontevedra é da xente!".
"VOTAR A VOX BENEFICIARÁ A LORES"
Ademais, o candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez asegurou que o voto ao partido de ultradereita de Santiago Abascal beneficiou á esquerda polo que advertiu que "votar a VOX en las elecciones locales va a ser votar a Lores", insistiu.
Neste sentido, o candidato do PP local ha destacado que tamén o Bloque obtivo en Pontevedra un resultado malo "en un contexto en el que todos los partidos independentistas han crecido" a formación do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores "son la quinta fuerza en la ciudad".
OS "ANOS DOURADOS" DE PONTEVEDRA
Tino Fernández tamén valorou que o apoio da cidadanía pontevedresa dálle á Agrupación Municipal Socialista "toda a ilusión e forza que precisa para afrontar a campaña de fronte as eleccións do 26 maio".
Na súa opinión, "Pontevedra viviu os seus anos dourados cando o PSOE estaba no goberno e iso é algo que mesmo Lores admite", polo que "chegou o momento de que o partido da igualdade e os dereitos sociais recupere o lugar que lle corresponde, tamén aquí, na nosa cidade".
PRIMAVERA SOCIALISTA
"A sociedade díxolle ‘basta’ á corrupción e á desigualdade. Sopran ventos de cambio, de liberdade e de dereitos sociais, e estou convencido de que os pontevedreses van seguir protagonizando esta primavera socialista o próximo 26 de maio". Deste xeito valora o candidato do PSOE á Alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández, "os históricos e contundentes resultados conseguidos polo partido na cidade".
Pola súa banda Domínguez cualificou o resultado do domingo como "malo" para o Partido Popular "a nivel nacional, autonómico, provincial e a nivel da cidade" aínda que matizou que "el resultado del PP gallego ha sido mejor que a nivel nacional" algo que cre "insuficiente", co detalle local de que "Pontevedra es la ciudad de las siete gallegas en la que ha bajado menos el porcentaje de voto" para o partido de Pablo Casado. "Tenemos que aprender de nuestros errores", engadiu Rafa Domínguez "el PP de Pontevedra pasa página", concluíu.