Cun pregón "a pé de rúa" sorprenderon aos veciños Bieito Lobariñas e Luís O Caruncho no divertido acto de benvida a cinco días de festa no concello de Poio.
Os 20 minutos de regueifa viñeron precedidos dun pasarrúas de cabezudos e do recoñecemento popular aos autores dos carteis de San Xoán gañadores: Mencía Garrido, Saúl Burgos e Vento Xil e aos deportistas do municipio que cos seus éxitos honran ao municipio.
Os seus compañeiros da corporación chanceaban onte, que ninguén lle prive ao alcalde Luciano Sobral dun dos privilexios que máis lle gustan do cargo, acender a mecha do foguete que co seu chupinazo marca o arranque oficial das festas de San Xoán que ten como citas máis concorridas a tradicional sardiñada, o espectáculo de lume e o prendido da fogueira na Seca.