En Marea presenta no Congreso unha iniciativa solicitando que se anule a prórroga a ENCE

Pontevedra
07 de marzo 2016

Os deputados de En Marea veñen de presentar no rexistro do Congreso dos Deputados unha proposición non de lei para solicitar a anulación da prórroga da concesión por 60 anos máis a ENCE, pois "foi unha prórroga asinada en Madrid e baseada na arbitrariedade, sen escoitar a opinión nin da cidadanía galega nin dos habitantes de Pontevedra, Marín e Poio"

Deputados de En Marea no Congreso
Deputados de En Marea no Congreso

Os deputados de En Marea veñen de presentar no rexistro do Congreso dos Deputados unha proposición non de lei para solicitar a anulación da prórroga da concesión por 60 anos máis a Ence, pois "foi unha prórroga asinada en Madrid e baseada na arbitrariedade, sen escoitar a opinión nin da cidadanía galega nin dos habitantes de Pontevedra, Marín e Poio".

A iniciativa inclúe, ademais, a petición de que se derrogue a Lei de Protección e Uso Sostible do Litoral (2013) e que se modifiquen o Regulamento Xeral de Costas e a Lei de Costas adaptado ad hoc para “converter a caducidade da concesión nuha especie de amnistía ” permanente para Ence.

A deputada de En Marea por Pontevedra, Ángela Rodríguez, anunciou que "empregaremos todas as vías legais e xurídicas en colaboración con colectivos coma Salvemos Pontevedra, para conseguir que a ría volva a ser da xente".

En Marea non descarta recorrer á vía xudicial se este goberno en funcións ou o novo executivo que o suceda non dan "un paso atrás " na concesión de Ence.

"No seu momento haberá que valorar se todos estes despropósitos administrativos e contra o medio natural poden ser constitutivos de delictos contemplados no Código Penal", sentencia En Marea.

Arquivado en