Luís Villares, voceiro de En Marea, e a candidata pontevedresa desta formación política ao Congreso, Iris Malvido visitaban este venres a ría de Pontevedra para manifestar que esta agrupación quere a Ence fóra do seu actual emprazamento.
Ambos os representantes realizaron un percorrido en barco para comprobar o estado da ría, acompañados por outros dirixentes de En Marea. Luís Villares manifestou que o Partido Popular realizou unha prórroga ilegal de Ence e esta situación entende que é un exemplo de como a contaminación e a corrupción se dan a man. Para o líder de En Marea, a presenza da fábrica pasteira supón a contaminación da auga e do aire ademais da imposibilidade dun desenvolvemento racional da ría pontevedresa, ademais dun exemplo da corrupción por parte do PP, ao poder facer uso das portas giratorias e entrar nos consellos de administración desta empresa.
Villares criticou que o PSOE non aposte por facer unha política distinta á do Partido Popular e acusou os socialistas de ser "cómplice" de que a fábrica de celulosa continúe no estado actual porque durante o últimos dez meses tivo na súa man anular a "prórroga ilegal". O portavoz de En Marea arremeteu tamén contra Podemos porque está a gardar silencio sobre Ence.
Iris Malvido, a candidata ao Congreso, mantivo tamén nas súas declaracións a defensa dun modelo moito máis sustentable porque "non hai planeta B nin Galicia B".