O Concello de Soutomaior investirá 55.000 euros para arranxar o acceso principal ao campo de fútbol municipal Graciano Padín entre outras melloras na instalación deportiva.
O alcalde, Manu Lourenzo sinalou que "todos os arranxos e melloras que se van levar a cabo no campo de fútbol foron consensuados coa directiva do C.D. Soutomaior, co obxectivo de que o goberno local cubra as principais necesidades e eivas do recinto directivo".
Esta actuación será financiada a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.
Manu Lourenzo informou que no que vai de ano Soutomaior conseguiu máis de millón e medio de euros en subvencións de diferentes administracións, unhas axudas coas que "imos levar a cabo numerosos investimentos e obras no que queda de 2024 para mellorar o noso concello". Entre outras, nos vindeiros días comezarán as obras de humanización na Praza da Aldea, en Arcade.