En liberdade un home detido por deixar o seu fillo de tres anos só no coche ás portas dun club

Vilaboa
27 de marzo 2014

O home prestou declaración nos xulgados de Cangas por un delito de abandono de menores que agora seguirá a súa tramitación xudicial. De momento, o menortranscendeu que quedou a cargo da súa nai, que traballa no club de alterne de Vilaboa en cuxo aparcadoiro estaba o neno cando foi localizado pola Garda Civil

Habana Club de Vilaboa
Habana Club de Vilaboa / PontevedraViva

O Xulgado de Garda de Cangas deixou en liberdade a un home detido na madrugada do martes ao mércores por deixar ao seu fillo de tres anos só no coche no aparcadoiro dun club de alterne de Vilaboa.

O home prestou declaración por un delito de abandono de menores que agora seguirá a súa tramitación xudicial. De momento, transcendeu que o menor quedou a cargo da súa nai, que traballa no club de alterne en cuxo aparcadoiro estaba o neno cando foi localizado pola Garda Civil.

Unha patrulla realizaba tarefas de vixilancia na zona cando, sobre as dúas da madrugada, viu o neno só e chorando dentro dun turismo BMW. Os axentes entraron ao club e localizaron o pai, que foi quen supostamente o deixara abandonado.

No interior do establecemento tamén estaba a nai e os axentes deixárono xa naquel momento a cargo do neno ao tempo que detiveron o pai.