A autoridade xudicial decretou a posta en liberdade con cargos dun veciño de Sanxenxo, de 48 anos, con numerosos antecedentes policiais, que fora detido pola Garda Civil como presunto autor dun delito de roubo nunha vivenda unifamiliar de Noalla.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, o detido unha vez no interior da vivenda, subtraeu un televisor, ademais dun trade e diferentes bebidas, cun valor estimado de 600 euros, tendo en conta os danos ocasionados para acceder ao inmoble.
A rápida intervención dunha patrulla, tras activarse unha alarma nunha vivenda próxima á que tamén pretendía acceder, permitiu a súa identificación cando trasladaba a pé os efectos subtraídos.
Con posterioridade á súa identificación, a autoridade xudicial, ditaba tres ordes de procura e detención por ilícitos contra o patrimonio cometidos con anterioridade, polo que xunto co actual foi detido.