En dous meses a Xunta presentará as actuacións máis urxentes para sanear a ría

Pontevedra
09 de abril 2015

A confraría de Lourizán acolleu a segunda reunión de traballo para avanzar o proxecto de saneamento da Ría de Pontevedra, que sentou entorno a unha mesma mesa a representantes e técnicos dos catro concellos que utilizan a depuradora Dos praceres, da empresa Viaqua del Instituto de Control del Medio Marino (Intecmar), da Autoridade Portuaria e de Augas de Galicia

Estación depuradora de augas residuais dos Praceres
Estación depuradora de augas residuais dos Praceres / PontevedraViva

A confraría de Lourizán acolleu a segunda reunión de traballo para avanzar o proxecto de saneamento da Ría de Pontevedra, que sentou en torno a unha mesma mesa a representantes e técnicos dos catro concellos que utilizan a depuradora dos Praceres, da empresa Viaqua del Instituto de Control do Medio Mariño (Intecmar), da Autoridade Portuaria e de Augas de Galicia.

Esta última entidade pública comprometeuse a presentar no prazo máximo de dous meses un informe sobre as actuacións máis urxentes a emprender. Previamente os concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa, deberán identificar e sinalar os puntos onde se producen vertidos, e onde se mesturan as redes de augas pluviais e fecais.

Tras unha longa reunión de tres horas consensuouse que o primeiro paso para resolver o problema do colapso da Estación depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres é a canalización das pluviais, é dicir, auga limpa, a través da rede do saneamento. Isto provoca que a Edar se sature rebordando augas fecais sobre a ría, motivo da mala cualificación (Zona C) das augas da ría para o marisqueo.

Son solucións a medio prazo, por iso os respresentantes dos pósitos esixiron axilidade ás administraciones xa que ven perigar a súa principal fonte de ingresos.

Por parte do Concello de Pontevedra defendeuse a necesaria ampliación da depuradora, así como o problema do financiamento, que a Xunta confía en resolver con fondos europeos.

A próxima reunión deste grupo de traballo quedou fixada para o 8 de xuño.

Arquivado en